L'Arroseur arrosé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O regador regado
Ficha técnica
Título orixinalL'Arroseur arrosé
DirectorLouis Lumière
ProdutorLouis Lumière
IntérpretesFrançois Clerc
Benoît Duval
FotografíaLouis Lumière
Estrea1895
Duración49 segundos
Orixe Francia
XéneroComedia
Na rede
IMDB: tt0000014 Filmaffinity: 405653 Allocine: 37789 Editar o valor em Wikidata

L'Arroseur arrosé é un filme francés, mudo en branco e negro dirixido e producido por Louis Lumière e protagonizado por François Clerc e Benoît Duval. Foi estreado por primeira vez o 10 de xuño de 1895.

Trátase da máis temperá mostra de comedia coñecida no cine, así como o primeiro en representar unha historia ficticia. O filme foi orixinalmente coñecido como "Le Jardinier" (O xardineiro) ou "Le Jardinier et le petit espiègle" (O xardineiro e o pequeno pícaro).

Sinopse[editar | editar a fonte]

Rodado en Lión na primavera de 1895, o filme amosa unha sinxela broma na que un xardineiro é amolado por un rapaz que pisa a mangueira que o xardineiro está a empregar para regalas plantas, cortando dese xeito o fluxo de auga. Cando o regador olla no furado para inspeccionar que é o que detén a auga, o mozo ergue o pé, facendo que o xardineiro molle a cara. O xardineiro está atordado e o seu chapeu está no chan, pero axiña se decata. Prodúcese entón unha persecución, tanto dentro como fóra da pantalla (a cámara nunca se move da súa posición orixinal) ata que o home atrapa ó rapaz e dálle unha tunda.[1]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Louis Lumière usou ó seu propio xardineiro, François Clerc, para interpretar o papel principal. Para o rapaz fedello, Lumière usou un aprendiz da factoría Lumière, que aparece nos créditos como Daniel Duval e Benoît Duval.[2] Mais parece que foi Léon Trotobas quen primeiro interpretou o papel en La Ciotat.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. L'Arroseur arrosé
  2. Chronomedia: 1895
  3. "Le Cinématographe". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2013. Consultado o 08 de outubro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]