Kurt Alder

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kurt Alder
Datos persoais
Nacemento10 de xullo de 1902
LugarKönigshütte Chorzów Alta SilesiaAlemaña Alemaña
Falecemento20 de xuño de 1958 (55 anos)
LugarColonia Alemaña Alemaña
SoterradoDeutzer Friedhof
ResidenciaAlemaña Alemaña
Nacionalidadealemán
Actividade
CampoQuímica orgánica
Alma máter
Director de teseOtto Paul Hermann Diels
Contribucións e premios
Coñecido porReacción Diels-Alder
PremiosPremio Nobel de Química (1950)
editar datos en Wikidata ]

Kurt Alder, nado en Königshütte o 10 de xullo de 1902 e finado en Colonia o 20 de xuño de 1958, foi un químico alemán que gañou o Premio Nobel de Química canda a Otto Diels en 1950.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado na Alta Silesia, despois da primeira guerra mundial tivo que deixar a súa terra natal por razóns políticas. En 1922 comeza a estudar química na Universidade de Berlín, e posteriormente na de Kiel, onde coñece a Diels.

No ano 1934 comeza a traballar na IG Farben Industrie en Leverkusen, onde traballou no caucho sintético. En 1940 foi nomeado profesor de Química experimental e técnica na Universidade de Colonia, a pesar das dificultades ocasionadas pola segunda guerra mundial continou as súas investigacións na síntese dos compostos orgánicos, publicando máis de 150 artigos neste campo.

En 1950 recibiu o Premio Nobel de Química compartido con Diels polos seus descubrimentos sobre a síntese diénica (reacción Diels-Alder)

Tumba de Kurt Alder

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
William Francis Giauque
Premio Nobel de Química

1950
compartido con
Otto Paul Hermann Diels
Sucesor:
Edwin Mattison McMillan
e
Glenn Theodore Seaborg