King Kong (debuxos animados)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The King Kong Show
FormatoAventuras
IntérpretesAnimación
Tema de aperturaMaury Laws
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Xapón
Episodios26
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Arthur Rankin
Jules Bass
Duración30 minutos por episodio (dividido en tres historias e incluíndo anuncios)
Emisión orixinal
Canle de orixeABC
Formato de imaxe4:3
Primeira emisión10 de setembro de 1966
Derradeira emisión4 de marzo de 1967
Na rede
IMDB: tt0293728 TV.com: shows/king-kong Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

King Kong é unha serie de animación xaponesa-norteamericana producida en 1966 por Videocraft nos Estados Unidos e Toei Animation no Xapón, constitúe a primeira serie anime producida no Xapón por unha compañía norteamericana para ser emitido nos Estados Unidos. A serie emitiuna orixinalmente a ABC entre o 10 de setembro de 1966 e o 4 de marzo de 1967[1], no Xapón emitiuna a canle NET. En Galicia programouna a TVG en 1986 en episodios de sete minutos.

Características[editar | editar a fonte]

En 1966 Videocraft obtivo permiso da RKO para adaptar King Kong a serie de animación, os caracteres deseñáronos Jack Davis e Rod Willis. Na serie, o gorila é amigo da familia Bond, cos que vai en varias aventuras, salvado o mundo de monstros, robots, alieníxenas, científicos tolos e outros males.

Fíxose un episodio piloto dunha hora de duración, chamado King Kong que posteriormente se dividiu en dous que se emitiron como os capítulos 25 e 26 (A Friend in Need e The Key to the City), o resto dos capítulos contiñan unha primeira historia de 7 minutos de King Kong, outra historia da mesma duración en clave cómica dun axente secreto de pequeno talle chamado Tom of T.H.U.M.B. (Tiny Human Underground Military Bureau) que con Swinging Jack, o seu compañeiro asiático, tiñan que facer fronte aos malevos do M.A.D. ( "militant, antisocial and darn mean") que queren destruír o mundo e de novo a terceira historia, tamén de 7 minutos, era de King Kong.

O 15 de novembro de 2005 Sony Wonder tirou un DVD en dous volumes titulado King Kong:The Animated Series cos primeiros 8 episodios e o episodio piloto en dúas partes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "SciFi Japan". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2011. Consultado o 21 de setembro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]