Kibbutz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kibbutz Kfar Masaryk en febreiro de 2008.

Un kibbutz[1] (do hebreo קיבוץ, que significa "asemblea" ou "xuntos") é unha comunidade ou vila colectivista de Israel baseada tradicionalmente na agricultura. O primeiro kibbutz, Degania Alef, foi creado en 1909.[2] Hoxe en día, o traballo agrícola foi parcialmente substituído por sectores como fábricas industriais e empresas de tecnoloxía.[3] Os kibbutz comezaron sendo comunidades utópicas baseadas nunha combinación do socialismo e o sionismo. En décadas recentes, algúns kibbutz foron privatizados e o modo de vida comunal mudou. Un membro dun kibbutz denomínase kibbutznik en hebreo.

En 2010 había 270 kibbutzs en Israel, o 9 % da rede industrial do país e o 40 % da súa produción agrícola. No conxunto da economía supuñan o 6 % do PIB de Israel en 2010.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Real Academia Galega (ed.). "Dicionario". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 10 de novembro de 2014. 
  2. "Adult children of the dream", The Jerusalem Post
  3. Peres, Judy. In 50 years, kibbutz movement has undergone many changes. Arquivado 17 de outubro de 2007 en Wayback Machine. Chicago Tribune, 9 de maio de 1998.
  4. Kibbutz reinvents itself after 100 years of history

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]