Khanato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Khanato[1] é unha palabra de orixe turca-mongol utilizada para describir unha entidade política gobernada por un khan.

En turco moderno, a palabra que se usa é kağanlık, e no azarí moderno da República de Acerbaixán, xanlıq. En Mongolia utilízase a palabra khanlig, como en Khereidiin Khanlig, que significa khanato de Kerait.

Esta entidade política é típica dos pobos da estepa de Eurasia e pode ser equivalente a outros termos tribais como cacicado, principado ou reino.

Os khanatos foron ás veces reagrupados en khaganatos, unha especie de Imperio baixo a autoridade dun khan soberano, khan de khanes, coñecido en galego como Gran Khan ou khagán (turco: kağan; mongol: хаган).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Entrada khanato en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2017. Consultado o 12 de decembro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.