Karpathos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Karpathos
Κάρπαθος
Localización da illa
Situación
PaísGrecia Grecia
ArquipélagoDodecaneso
MarMar Mediterráneo
Coordenadas35°35′N 27°08′L / 35.583, -27.133
Xeografía
Superficie324´8 km²
Punto máis alto1.215 m. Monte Lastos
Demografía
CapitalPigadia
Poboación6.226 (2011)
Densidade19 hab./km²
Lingua propiaGrego

Karpathos é unha illa grega pertencente ao arquipélago do Dodecaneso no mar Exeo situada entre Creta e Rodas.

Historia[editar | editar a fonte]

A cidade de Pigadia foi construída ao final dunha praia areosa de catro quilómetros. Existen restos dunha basílica cristiá dedicada a Agía Fotiní. Homero facía referencia a Karpatos como « a illa dos ventos ».

Xeografía[editar | editar a fonte]

Karpathos atópase ao suroeste de Rodas. Dunha lonxitude de 50 km, Kárpathos ten entre 6 e 10 km de ancho sendo pola súa superficie a segunda illa máis grande do Dodecaneso. É unha illa montañosa. A poboación principal de Karpathos é Pigadia que é así mesmo o porto principal da illa. O seu nome en grego antigo era Potideo ou Posidio.

A cordilleira escarpada do Kali-Limni (1215 m.) é, segundo a mitoloxía, o lugar de nacemento dos Titáns. Esta cordilleira divide a illa en dúas zonas, unha semidesértica e pouco poboada ao norte e outra ben irrigada e cunha maior densidade de poboación ao sur.

Transportes[editar | editar a fonte]

Karpathos está dotada dun aeroporto.

Relixión[editar | editar a fonte]

Existen ao redor de 280 capelas na illa dedicadas a diferentes santos.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]