Kalevipoeg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kalevipoeg laudu kandmas, 1914. Pintura de Oskar Kallis.

Kalevipoeg é un poema épico en lingua estoniana escrito por Friedrich Reinhold Kreutzwald publicado entre 1857 e 1861, considerado a épica nacional de Estonia. O poema recolle a tradición das lendas e o folclore referido a un xigante heroico chamado Kalevipoeg (o fillo de Kalev), consta de 19.000 versos repartidos en vinte cantos.