Justo Beramendi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJusto Beramendi

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de xullo de 1941 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalEnxeñaría Industrial, Tradución e Historia
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador Editar o valor em Wikidata
Interesado enNacionalismo galego e Nacionalismo Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoEnsaio
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoVíctor Manuel Santidrián Arias Editar o valor em Wikidata
Premios

AELG: 388 Dialnet: 740887

Justo Beramendi González, nado en Madrid o 16 de xullo de 1941, é un historiador galego, presidente do padroado do Museo do Pobo Galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Realizou estudos de Enxeñaría Industrial en Madrid (1959-1967), de tradución en Barcelona (1969-1974) e de doutoramento en Historia na Universidade de Santiago de Compostela (1987), da que é catedrático emérito de Historia Contemporánea e da que foi vicerreitor entre 1990 e 1994. Xubilou no ano 2012.

Foi cofundador do Museo do Pobo Galego e actual presidente da súa xunta reitora. É membro fundador da Fundación Castelao e director da sección de pensamento político da Fundación Vicente Risco. Participou na creación das revistas Negaciones (Madrid, 1977), A Trabe de Ouro (Santiago, 1990) e Tempos Novos (Santiago, 1997).

Especializado na historia das ideoloxías e dos nacionalismos, foi editor das obras de Losada Diéguez, Ramón Villar Ponte, Peña Novo, Castelao e Vicente Risco. Organizou e coeditou as actas dos congresos Nacionalismos y regionalismos en la España de la Restauración (1983), Castelao (1986), Los nacionalismos en la España de la Segunda República (1988), Nationalisms in Europe. Past and Present (1993) e Memoria e Indentidade (2004).

No ano 2017, recibiu a Medalla Castelao.[1]

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Edicións[editar | editar a fonte]

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Beramendi nun acto de homenaxe a Antón Fraguas en 2019.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • El nacionalismo gallego, 1997, Arco Libros.
  • La historia política: algunos conceptos básicos, 1999, Tórculo.
  • Historia mínima de Galicia, 2016, Turner, ISBN 978-84-16354-07-8.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Miseria de la Economía, 1974, Península. Con Eduardo Fioravanti.
  • AA.VV. (1991). Historia de Galicia. Faro de Vigo. ISBN 84-404-9520-X. .
  • La España de los nacionalismos y las autonomías, 2001, Síntesis. Con J. L. Granja e P. Anguera.
  • "De la dictadura a la democracia (1936-2000)" en Historia de la ciudad de Santiago de Compostela. USC.[2]

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]