Juan Ruiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Ruiz
Biografía
Nacementoc. 1283 Editar o valor em Wikidata
Alcalá de Henares Editar o valor em Wikidata
Mortec. 1350 Editar o valor em Wikidata (66/67 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeCoroa de Castela Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatólico (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , sacerdote católico , arcipreste , escritor , sacerdote Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioArcipreste de Hita Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Discogs: 1467724 Editar o valor em Wikidata

Juan Ruiz, nado en Alcalá de Henares cara a 1284 e finado cara a 1351, foi un sacerdote e escritor castelán, coñecido como arcipreste de Hita.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pouco é o que se coñece da súa vida. Probablemente estudou en Toledo, pasou na cadea varios anos entre 1337 e 1350 por orde do arcebispo de Toledo Gil Albornoz, e alí escribiu a súa única obra, o Libro de buen amor. Este libro encerra unha protesta polas posturas integristas daquel prelado, que pretendía estender á súa diocese a doutrina papal do celibato obrigatorio, fronte á tradición hispánica da barraganía, ou contrato de convivencia dun sacerdote cunha muller, máis asentada nun territorio multicultural como era a diocese de Toledo, na que xa se estendera a herexía do adopcionismo de Elipando. A súa postura aparece na "Cantiga dos clérigos de Talavera", que parece que foi a que motivou a orde de prisión do arcebispo. Esta postura crítica cara ao alto clero emparenta a Juan Ruiz coa literatura goliarda medieval, así como o restante contido desenfadado e crítico da obra. Estímase 1350 como data da súa morte porque ao ano seguinte era outro xa o arcipreste de Hita.

Juan Ruiz é considerado como o primeiro lírico español. Mostra unha cultura ampla e unha linguaxe rica, que gusta de acumular sinónimos parciais e de repetir o mesmo concepto de distintas maneiras, o que o relaciona coa técnica do sermón. A linguaxe é popular e coloquial, moi viva e creativa. Por outra banda, a súa obra mostra un coñecemento das paixóns humanas e caracterízase polo equilibrio entre a delicadeza e a desvergoña, que logra mediante unha intelixencia fina, ambigua e irónica, pese ao que a obra posúe brío e audacia.