Juan Manuel Moreno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Manuel Moreno

(2023) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Juan Manuel Moreno Bonilla Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de maio de 1970 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Presidencia da Xunta de Andalucía
16 de xaneiro de 2019 –
← Susana Díaz
Deputado do Parlamento de Andalucía
16 de abril de 2015 – 9 de outubro de 2018
Lexislatura: Q30752699 Traducir

Circunscrición electoral: Málaga

Senador de España
3 de xuño de 2014 – 27 de setembro de 2017
Presidente Partido Popular Andaluz
1 de marzo de 2014 –
← Juan Ignacio Zoido
Q67605102 Traducir
30 de decembro de 2011 – 7 de marzo de 2014
← Laura SearaSusana Camarero (en) Traducir →
Deputado no Congreso dos Deputados
1 de decembro de 2011 – 9 de xaneiro de 2012 – Paloma García Gálvez →

Circunscrición electoral: Málaga (en) Traducir

Deputado no Congreso dos Deputados
26 de marzo de 2008 – 13 de decembro de 2011

Circunscrición electoral: Málaga (en) Traducir

Deputado no Congreso dos Deputados
1 de marzo de 2007 – 15 de xaneiro de 2008
← Manuel Atencia Robledo

Circunscrición electoral: Málaga (en) Traducir

Deputado no Congreso dos Deputados
28 de marzo de 2000 – 2 de abril de 2004

Circunscrición electoral: Cantabria (en) Traducir

Deputado do Parlamento de Andalucía
3 de marzo de 1996 – 12 de marzo de 2000
Councilor of the Malaga City Council (en) Traducir
17 de xuño de 1995 – 27 de abril de 1997 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Camilo José Cela - protocolo
Universidade de Navarra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular (1989–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Facebook: juanmamorenobonilla Twitter: JuanMa_Moreno Instagram: juanmamorenobonilla Editar o valor em Wikidata

Juan Manuel Moreno Bonilla, nado en Barcelona o 1 de maio de 1970, coñecido como Juanma Moreno, é un político español, actual presidente do Partido Popular Andaluz investido presidente da Xunta de Andalucía polo Parlamento de Andalucía o día 16 de xaneiro de 2019.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixe e mocidade[editar | editar a fonte]

Juan Manuel Moreno é neto de xornaleiros do Valle del Guadalhorce e o único fillo home de dous veciños de Alhaurín el Grande que emigraran a Cataluña: Juan Moreno Conejo, que traballou de delineante industrial na Hispano Olivetti e a SEAT, e María Bonilla, que traballou nuns grandes almacéns.[1][2][3] Ten dúas irmás, unha máis vella e outra máis nova ca el.[4]

Tres meses despois do seu nacemento en Barcelona, a súa familia volveu con el á provincia de Málaga, concretamente á capital, á zona da antiga estrada de Cártama, onde estudou a EXB no colexio Giner de los Ríos.[5]

Cando Juanma Moreno tiña 14 anos, mudáronse ó barrio de Puente de las Américas da capital, onde o seu pai montou unha drogaría, na rúa Ingeniero de la Torre Acosta. Estudou no instituto Universidade Laboral de Málaga[6] e con 16 ou 17 anos foi vocalista de varios grupos de pop-rock de ámbito local, como Lapsus Psíquico e Falsas realidades, con certa influencia de Danza Invisible.[7][8]

Comezos na política[editar | editar a fonte]

Iniciou a carreira de Psicoloxía e logo Maxisterio na Universidade de Málaga (UMA), pero axiña descubriu a súa vocación política. En 1989, con 19 anos, afiliouse ó Partido Popular. Colaborou na fundación da Asociación Popular de Estudantes, da que foi voceiro durante os cursos 1991-92 e 1992-93. Este último ano alcanzou a presidencia de Novas Xeracións de Málaga e no curso 1993-94 foi tamén vicedecano da Facultade de Ciencias da Educación e membro da xunta de goberno da UMA. Segundo comenta, traballou nunha pizzaría e como comercial.[9]

Concelleiro do Concello de Málaga (1995-1997)[editar | editar a fonte]

En 1995, con 25 anos, resultou elixido concelleiro de Mocidade e Deporte no Concello de Málaga, con Celia Villalobos como alcaldesa, así como Presidente da Xunta Municipal do distrito de Campanillas e Puerto de la Torre. Un ano despois, xa era presidente de Novas Xeracións de Andalucía.

Deputado rexional no Parlamento de Andalucía (1997-2000)[editar | editar a fonte]

En 1997, con 27 anos, foi elixido deputado por Málaga e voceiro de Mocidade do Grupo Parlamentario Popular durante a V Lexislatura do Parlamento de Andalucía. Tamén foi elixido presidente de Novas Xeracións a nivel nacional e responsable de Política Autonómica e Local do partido.

Deputado nacional no Congreso (2000-2011)[editar | editar a fonte]

Foi deputado nacional no Congreso durante as VII, VIII, IX e X lexislaturas, exercendo de voceiro adxunto do Grupo Popular na Comisión de Ciencia e Tecnoloxía e de Secretario na Comisión de Asuntos Sociais.

Obtivo un grao en Protocolo e Organización de Eventos pola Universidade Camilo José Cela, ademais de varios títulos propios (Titulado Superior Universitario en Protocolo e Relacións Institucionais pola Universidade Camilo José Cela, Mestría en Dirección e Administración de Empresas pola Escola Autónoma de Dirección de Empresas e Programa de Liderado para a Xestión Pública por IESE Business School) e un premio (máster de Ouro do Real Fórum de Alta Dirección).[10]

En setembro de 2006 casou coa politicóloga granadina Manuela Villena.

Secretario de Estado de Servizos Sociais e Igualdade (2011-2014)[editar | editar a fonte]

Juanma Moreno en 2012

Tralo seu nomeamento como secretario de Estado de Servizos Sociais e Igualdade o 30 de decembro de 2011, impulsou e participou na redacción dos seguintes plans e leis:[11]

  • Plan Estratéxico Nacional de Infancia e Adolescencia 2013-2016.[12]
  • Estratexia para a Erradicación da Violencia de Xénero.[13]
  • Lei Xeral de Dereitos das Persoas con Discapacidade.[14]
  • Plan Nacional de Inclusión Social.[15]

Candidato á Presidencia da Xunta de Andalucía (2014-presente)[editar | editar a fonte]

O 1 de marzo de 2014, unhas semanas despois do falecemento do seu pai, foi elixido presidente do PP de Andalucía e candidato á Presidencia da Xunta de Andalucía.[16] Ante este novo desempeño, e malia ter vivenda en Málaga, mudouse coa súa familia ó concello sevillano de Alcalá de Guadaíra.[17] No 15º Congreso Autonómico do PP Andaluz, celebrado do 17 ao 19 de marzo de 2017 no Palacio de Feiras e Congresos de Málaga, foi reelixido para o cargo para os catro anos seguintes. Converteuse así no primeiro presidente do PP Andaluz elixido directamente polos afiliados no sistema de dobre volta, obtendo o 98,95% dos votos dos afiliados na primeira volta e o 95,04% na segunda.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]