Juan Antonio Bardem

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juan Antonio Bardem
Nome completoJuan Antonio Bardem Muñoz
Nacemento2 de xuño de 1922
LugarMadrid
Falecemento30 de outubro de 2002
LugarBenidorm
Causainfarto agudo de miocardio
NacionalidadeEspaña España
Educado enColegio Nuestra Señora del Pilar
PaiRafael Bardem
NaiMatilde Muñoz Sampedro
Cónxuxe(s)María Aguado Barbado
FillosMiguel, Juan, Rafael e María
ProfesiónDirector
Na rede
IMDB: nm0054219 Allocine: 22091 Allmovie: p80681
Dialnet: 177313 Discogs: 1631323 Find a Grave: 6938529 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Juan Antonio Bardem Muñoz, nado en Madrid o 2 de xuño de 1922 e finado na mesma cidade o 30 de outubro de 2002 foi un director de cinema e guionista español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo dos actores Rafael Bardem e Matilde Muñoz Sampedro e irmán de Pilar Bardem. Foi o pai do director Miguel Bardem e o músico Juan Bardem e tío dos actores Javier e Carlos Bardem.

Aínda que era fillo de actores non se relacionou con ese mundo desde un principiou, senón que se graduou como enxeñeiro agrónomo. Foi posteriormente, cando estudou cinema no Instituto Investigaciones y Experiencias Cinematográficas, cando decidiu dedicarse ao mundo do celuloide. Nesa época naceu a súa amizade e colaboración con Luis García Berlanga. Esa relación frutificou no filme Esa pareja feliz, que ambos codirixiron e continuou en Bienvenido, Mister Marshall, de 1953, na que foron coguionistas e contaron coa contribución adicional de Miguel Mihura nos diálogos.

En 1953 comezou a dirixir os seus propios filmes, dos que destacan Muerte de un ciclista (1955, Premio da Crítica internacional no Festival de Cannes) e Calle Mayor (1956, Premio da Crítica no Festival de Venecia).

A pesar destes éxitos internacionais, Bardem tivo problemas en España coa censura, debido á súa militancia no Partido Comunista de España e nas décadas de 1960 e 1970 apenas pode desenvolver o seu traballo cinematográfico no seu país. É o máis politizado dos Tres Bes do cinema español (Bardem, Berlanga e Buñuel).[1]

Os seus filmes posteriores non recibiron o apoio da crítica, con excepción de El puente (1977), no que intentaba desfacer o discurso cinematográfico do landismo.

Morreu en Madrid o 30 de outubro de 2002 aos 80 anos debido a unha enfermidade hepática. Pouco antes escribiu un libro de memorias titulado Y todavía sigue.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Diario La Verdad.es, reportaxe con entrevista.". Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2014. Consultado o 01 de maio de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]