José Sánchez Bregua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Sánchez Bregua

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de setembro de 1818 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de xuño de 1897 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Senador vitalicio
1893 – 1896
Capitán Xeral de Galicia
13 de xaneiro de 1886 – 27 de setembro de 1890
← Enrique Enríquez García (en) TraducirAdolfo Morales de los Ríos y Septién (en) Traducir →
Capitán Xeral de Galicia
27 de febreiro de 1881 – 22 de febreiro de 1884
← José María Chacón Fernández (en) TraducirEnrique Enríquez García (en) Traducir →
Senador vitalicio
1881 – 1891
Capitán Xeral de Galicia
12 de maio de 1879 – 16 de setembro de 1879
← Enrique Enríquez García (en) TraducirJosé María Chacón Fernández (en) Traducir →
Senador de España
1879 – 1881
Circunscrición electoral: A Coruña
Senador de España
1877 – 1878
Circunscrición electoral: Lugo (en) Traducir
Capitán Xeral de Galicia
31 de xaneiro de 1874 – 10 de xaneiro de 1875
← Enrique Enríquez García (en) TraducirEnrique Enríquez García (en) Traducir →
Ministro da Guerra
9 de setembro de 1873 – 3 de xaneiro de 1874
← Eulogio González Íscar (en) TraducirJuan Zavala de la Puente →
Capitán Xeral de Galicia
febreiro de 1870 – 9 de maio de 1873
← Antonio López de Letona y Lamas (pt) TraducirEnrique Enríquez García (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , militar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata

José Sánchez Bregua, nado en Santa María de Oleiros (Oleiros) en 1818 e morto en Madrid o 19 de xuño de 1897, foi un militar e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era de familia humilde e entrou no exército coma soldado raso, en 1835, loitando contra os carlistas na primeira guerra civil. Dende 1844 ata 1850 estivo coma alférez en Filipinas, e en 1852 ascendeu a capitán. Durante a guerra de África desempeñou o negociado de campaña no Ministerio da Guerra, e, a partir de entón, grazas ás súas dotes como militar e organizador, a súa carreira foi rápida e brillante. En 1868 ascendeu a xeneral de división.

Foi Subsecretario da Guerra con Prim, e á morte deste, Capitán Xeneral de Galicia. Neste último cargo reprimiu persoalmente a insurrección federal do Arsenal de Ferrol, polo que foi ascendido a tenente xeneral. Foi Ministro de Guerra no Gabinete de Emilio Castelar, cargo que ocupaba ao se producir o Golpe de Estado do xeneral Manuel Pavía. Despois da Restauración foi elixido senador pola provincia de Lugo en 1877, deputado a Cortes polo distrito de Huesca nas eleccións de 1879, senador pola provincia da Coruña (1879-1880) e en 1881 foi nomeado senador vitalicio.

Foi soterrado na Coruña o 20 de xuño de 1897. A gravación do seu enterro, coñecida como Entierro del General Sánchez Bregua, está considerada o primeiro filme cinematográfico rodado en Galicia, se ben a cinta non se conserva.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Antonio López de Letona
Capitán Xeneral de Galicia
1870 - 1873
Sucesor:
Enrique Enríquez García