José Sanjurjo Sacanell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Sanjurjo Sacanell

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de marzo de 1872 Editar o valor em Wikidata
Pamplona, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de xullo de 1936 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Estoril, Portugal Editar o valor em Wikidata
Causa da morteAccidente ou incidente de aviación Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaPantheon of Regulares 2 (en) Traducir (2017–)
Monumento A Los Caídos (en) Traducir (1961–2016) Editar o valor em Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas
10 de xullo de 1931 – 21 de xullo de 1931 – Gerardo Abad Conde →

Circunscrición electoral: Lugo (en) Traducir
Alto comissário da Espanha em Marrocos (pt) Traducir
23 de abril de 1931 – 6 de xuño de 1931
← Francisco Gómez-Jordana Sousa (pt) TraducirLuciano López Ferrer (pt) Traducir →
Membro da Asemblea Nacional Consultiva
11 de decembro de 1928 – 15 de febreiro de 1930
Director-General of the Civil Guard (en) Traducir
3 de novembro de 1928 – 3 de febreiro de 1932
← Ricardo Burguete y Lana (pt) TraducirMiguel Cabanellas (pt) Traducir →
Alto comissário da Espanha em Marrocos (pt) Traducir
3 de novembro de 1925 – 4 de novembro de 1928
← Miguel Primo de RiveraFrancisco Gómez-Jordana Sousa (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial , militar , político Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1896 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeRestauración borbónica en España Editar o valor em Wikidata
Rama militarExército de Terra de España Editar o valor em Wikidata
Rango militartenente-general (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra civil española e Guerra do Rif Editar o valor em Wikidata
Participou en
17 de xullo de 1936Sublevación do 18 de xullo de 1936
10 de agosto de 1932Sanjurjada Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0762819 Editar o valor em Wikidata

José Sanjurjo Sacanell, nado en Pamplona o 28 de marzo de 1872 e finado en Estoril, Portugal, 20 de xullo de 1936, foi un militar español.

Destacou na guerra de Marrocos e, xa durante a II República, como líder militar da oposición monárquica e conservadora que pretendía derrubar a República pola forza. Capitaneou en agosto de 1932 o primeiro golpe de estado executado contra a República (a Sanjurjada) e foi un dos líderes dos sublevados no golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 que deu inicio á Guerra Civil.

Africanista[editar | editar a fonte]

Inicia a súa carreira como tenente en Cuba, onde ascende a capitán. Tras o final da guerra de Cuba volve a España e participa en varias campañas en Marrocos (1909). Co emprego de comandante de regulares foi condecorado coa Cruz Laureada de San Fernando pola súa acción no combate de Beni Zaiem (Tetuán) o 1 de febreiro de 1914.[1]

Destacou despois na reconquista do territorio perdido en Melilla despois do desastre de Annual (1921), alcanzando o grao de xeneral. En 1922, á fronte da comandancia militar de Larache, investigou os casos de corrupción na Intendencia e Intervención militar.

Apoio ó golpe de estado de Primo de Rivera[editar | editar a fonte]

Cando en setembro de 1923 se produce o golpe militar de Primo de Rivera, Sanjurjo é gobernador militar de Zaragoza e apoia sen reservas a sublevación e a posterior ditadura que aquel instaura.

En 1925 participou no desembarco de Alhucemas, e en 1927, ao finalizar a guerra do Rif, o rei Afonso XIII concedeulle o título de marqués do Rif.

En 1928 é nomeado Director Xeral da Garda Civil, posto que comparte co de Alto Comisario de España en Marrocos. En 1931 o rei Afonso XIII concédelle a Gran Cruz de Carlos III.

Apoio á II República[editar | editar a fonte]

A pesar das anteriores mostras de confianza por parte do rei, despois das eleccións do 12 de abril de 1931, que propiciaron a chegada da II República, Sanjurjo púxose incondicionalmente ás ordes do Comité Revolucionario republicano. Comprometeuse diante das novas autoridades a non mobilizar a Garda Civil en defensa da monarquía, resultando desta maneira decisivo para a chegada do novo réxime e sendo confirmado no cargo de Director Xeral da Garda Civil. Este cambio nas fidelidades de Sanjurjo parece estar motivado polo rancor que lle causou o abandono de Primo de Rivera por parte do rei tras a caída da ditadura en 1929.

As reformas militares de Manuel Azaña non gustan a Sanjurjo, especialmente a redución de efectivos do exército e o nomeamento de López Ferrer, un civil, como Alto Comisario en Marrocos, polo que mostra o seu desagrado.

Segundo golpe de estado (A Sanjurjada)[editar | editar a fonte]

Artigo principal: A Sanjurjada.

A finais de 1931 prodúcense os sucesos de Castilblanco, Badaxoz, onde morren catro gardas civís a mans de manifestantes. Pouco despois, en Arnedo (A Rioxa), morren cinco civís ao disparar a Garda Civil contra unha concentración de traballadores (os sucesos de Arnedo). Ao iniciarse as investigacións de ambos os sucesos, Sanjurjo mostra a súa desconformidade. Crítico tamén coas reformas militares de Azaña, foi substituído o 5 de febreiro de 1932 á fronte da Garda Civil polo xeneral Miguel Cabanellas. Sanjurjo foi nomeado para a Dirección xeral do Corpo de Carabineros.

Esta confrontación co goberno polas reformas militares de Azaña xunto co proxecto de estatuto de autonomía para Cataluña lévano a preparar con algúns carlistas de Manuel Fal Conde e o conde de Rodezno, así como outros oficiais militares, unha rebelión en Sevilla o 10 de agosto de 1932.

A rebelión, coñecida como a Sanjurjada, tivo éxito inicialmente en Sevilla, pero fracasou de forma absoluta en Madrid e posteriormente tamén na capital andaluza tras unha folga xeral. Na madrugada do día seguinte, Sanjurjo desistiu da operación e tentou fuxir a Portugal. Sobre as seis da mañá do 11 de agosto foi recoñecido e detido en Huelva por unha patrulla da Garda Civil, xunto do seu fillo Justo.[2]

Condenado á morte[editar | editar a fonte]

O 24 de agosto, xunto do seu fillo e outros dous colaboradores, é sometido a un Consello de Guerra sumarísimo. É sentenciado a morte, con accesoria de separación do exército. A pesar de que o xeneral se negou a dirixir ao goberno unha petición de clemencia, a pena seralle conmutada pola de reclusión perpetua.[3] A decisión estivo motivada polo desexo do goberno republicano de non repetir a actuación da ditadura cos sublevados de Jaca.

Sanjurjo foi ingresado no Penal do Dueso. Posteriormente é trasladado á Prisión Militar do Castelo de Santa Catalina de Cádiz, onde recibe informacións dunha posible amnistia que finalmente obtén.

Amnistía[editar | editar a fonte]

Tras as eleccións de novembro de 1933, que deron o triunfo á coalición radical-cedista, formouse o novo goberno, presidido por Lerroux. Este propuxo a concesión dunha amnistía tanto a Sanjurjo como ao resto de militares implicados na sublevación. O presidente da república, Alcalá-Zamora, resistiuse á firma do decreto e aínda que finalmente o aceptou o último día do prazo legal, forzou unha modificación do mesmo que impedía o retorno de Sanjurjo ao exército. Estas dilacións e a modificación do decreto provocaron unha crise de goberno que fixeron dimitir a Lerroux, quen foi substituído por Ricardo Samper, marchando seguidamente Sanjurjo ao exilio en Estoril (Portugal).

Terceiro golpe de estado (inicio da guerra civil)[editar | editar a fonte]

Cando en maio de 1936 Niceto Alcalá-Zamora foi substituído como presidente da República por Azaña, Sanjurjo, xunto cos xenerais Emilio Mola, Francisco Franco e Gonzalo Queipo de Llano, comezou a trazar plans para derrocar o goberno da Fronte Popular.

Estes plans concretaríanse na sublevación que se inicia no norte de Marrocos a tarde do 17 de xullo de 1936 e que ao non conseguir triunfar de forma inmediata en toda España daría orixe á guerra civil.

No organigrama dos sublevados estaba previsto que Sanjurjo asumise a Xefatura do Estado.

Accidente de aviación[editar | editar a fonte]

O 20 de xullo o aviador Juan Antonio Ansaldo foi a Estoril a recollelo coa súa avioneta para trasladalo a Burgos. O aparello, un utilitario lixeiro de Havilland Puss Moth, estrelouse na engalaxe e Sanjurjo, quedando retido no seu asento, morreu no accidente. Segundo o piloto, que resultou ileso, o accidente produciuse polo exceso de equipaxe do que el, persoalmente, xa advertira ao xeneral.

Emilio Mola, o director do golpe de estado no organigrama golpista, nomeou a Francisco Franco como o líder da sublevación. Isto xeraría diversas teorías conspiratorias implicando a Franco na morte do líder da rebelión, aínda que nunca apareceu ningunha proba que apoiase esta alegación.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01-06-2020. Consultado o 10-03-2016. 
  2. González Calleja, Eduardo (2011). Contrarrevolucionarios: Radicalización violenta de las derechas durante la Segunda República, 1931-1936 (en castelán). Alianza. p. 102. ISBN 9788420664552. 
  3. González Calleja, Eduardo (2011). Contrarrevolucionarios: Radicalización violenta de las derechas durante la Segunda República, 1931-1936 (en castelán). Alianza. p. 105. ISBN 978-8420664552. 
  4. "Sanjurjo y Mola: ¿estuvo involucrado Franco en las raras muertes de sus superiores para lograr el poder?". abc (en castelán). 2019-11-18. Consultado o 2020-05-10.