José Maria Eça de Queirós

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Maria Eça de Queirós

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) José Maria de Eça de Queiroz Editar o valor em Wikidata
25 de novembro de 1845 Editar o valor em Wikidata
Póvoa de Varzim, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte16 de agosto de 1900 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Tuberculose Editar o valor em Wikidata)
Embaixador
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Portugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónFaculdade de Direito da Universidade de Coimbra (pt) Traducir - dereito Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor , diplomático , novelista Editar o valor em Wikidata
MovementoRomanticismo, realismo literario e Naturalismo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosAntónio Eça de Queiroz (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webfeq.pt Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0211055 Allocine: 242523 Allmovie: p310679
Bitraga: 3643 Dialnet: 330617 Musicbrainz: 549acc9d-b4a1-4990-82b0-ad0b06470552 WikiTree: Eça_Queirós-1 Find a Grave: 10907785 Editar o valor em Wikidata
Eça de Queirós.

José Maria Eça de Queirós (na grafía oitocentista portuguesa Eça de Queiroz), nado na Póvoa de Varzim o 25 de novembro de 1845 e finado en París o 16 de agosto de 1900, foi un escritor e diplomático portugués, considerado como un dos máis grandes novelistas de todos os tempos. Eça figura no canon literario occidental elaborado polo crítico Harold Bloom.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Eça de Queirós era fillo de achego dun maxistrado. Realizou os seus estudos secundarios na cidade do Porto, e ao seu remate pasou a estudar Dereito na Universidade de Coímbra, no centro do país, na que se licenciou en 1866. En Coímbra fixo relacións con varios contemporáneos, especialmente co poeta Antero de Quental, co cal conservaría a amizade ao longo da súa vida. Pouco despois fundaría o bisemanario Distrito de Évora.

A finais de 1867, trasladouse para Lisboa, onde un despacho de avogado, co apoio do seu pai. Nos anos seguintes formou parte do Cenáculo, un círculo intelectual do que formaba parte tamén o seu amigo Antero de Quental; con eles participou nas Conferencias do Casino, actos que criticaban a prostración artística portuguesa.

Pasou despois a Leiria, onde traballou como administrador do seu concello durante case un ano. No intermedio Eça viaxou até o Exipto, onde asistíu á inauguración do Canal de Suez. As súas impresións foron agrupadas como "O Egipto" (1869). No ano 1870, Eça presentouse ao concurso público para o corpo diplomático portugués, pasando as probas correspondentes. Foi destinado como cónsul para A Habana en 1872, desde onde en 1874, foi transferido para Gran Bretaña, onde exerceu o mesmo cargo, primeiramente en Newcastle upon Tyne, e logo, en 1788, en Bristol. Dez anos despois pasou para a capital francesa, París. Durante eses anos visitaba Portugal moi de cando en vez, mais enviaba crónicas tanto para publicacións periódicas portuguesas como brasileiras, que levaban títulos como Cartas de Inglaterra, Bilhetes de Paris, Cartas familiares ou Ecos de París, e que serían colixidas postumamente.

En París, na súa residencia de Neully, morreu prematuramente, vítima da tuberculose.

Obra[editar | editar a fonte]

Eça comezou a escribir na Gazeta de Portugal, finalizando a súa carreira universitaria, en folletíns titulados "Notas marxinais", e que non foron ben acollidos pola crítica e o público, que non comprendía o estilo realista á francesa que usaba o autor. Estas primicias foron postumamente publicadas en 1905 co título de Prosas Bárbaras.

En colaboración con Ramalho Ortigão, Eça lanza, en folletín, unha novela policíaca: O Mistério da Estrada de Sintra, e, co mesmo autor, redixen os artigos xornalísticos de "As Farpas".

A primeira novela, en solitario, de Eça de Queirós, O Crime do Padre Amaro, foi publicada en 1874. A obra trata da impudicia e a esaxerada influencia do clero portugués, e ambiéntase na entón pequena cidade episcopal de Leiria, que coñecía ben. Moito despois foi acusada de ser unha imitación da novela de Émile Zola "La Faute de l'Abbé Mouret". Porén, como o mesmo Eça fixo notar na segunda edición do libro que iso era algo imposíbel, pois el escribira a súa obra en 1871, lido a algúns amigos en 1872 e publicado antes do libro de Zola[1]. A segunda edición, datada en 1880, contén importantes correccións do autor.

En 1878, publicou O primo Basílio, que xunto con Os Maias (1888) e A Ilustre Casa Ramires (1900), son as grandes obras publicadas por Eça en vida. Postumamente, aínda que o escritor as deixara xa preparadas para seren imprentadas, foran publicadas outras obras, algunhas non novelísticas, entre as que cómpre destacar A Cidade e as Serras (1901). Outros escritos, dispersos, foran, porén, colleitados polo seu amigo Luís de Magalhâes.

Obras[editar | editar a fonte]

As seguintes obras son coñecidas correntemente como obras non-póstumas de Eça de Queirós, a pesar de varias seren publicadas despois da morte do escritor, mais considerando que as deixara preparadas para a súa publicación:

Obras consideradas póstumas:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Eça de Queirós, Nota da segunda edición de "O Crime do Padre Amaro", reproducida na edición de Livros do Brasil, Lisboa, s.a.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]