Josh Keaton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Josh Keaton
Nacemento8 de febreiro de 1979
LugarHacienda Heights
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educado enGlen A. Wilson High School
Profesiónmúsico, actor de cinema, actor de televisión, actor de dobraxe e produtor musical
Na rede
http://www.joshkeaton.com
IMDB: nm0005079 Allocine: 186863 Allmovie: p228525 WikiTree: Wiener-172 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Joshua Luis Wiener, nado en Hacienda Heights (California) o 8 de febreiro de 1979,[1] é un actor de voz estadounidense de cinema e televisión, máis coñecido profesionalmente como Josh Keaton. É a voz de Takashi 'Shiro' Shirogane en Voltron: Legendary Defender, de varios personaxes nas series de animación The Spectacular Spider-Man e Marvel's Spider-Man, Jack Darby en Transformers: Prime e o adolescente Hercules en Hercules. Tamén é a voz de Ryu Hayabusa en Ninja Gaiden, e a voz de Revolver Ocelot en Metal Gear Solid 3: Snake Eater.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Keaton naceu en Hacienda Heights, California, dun pai de Brooklyn, Nova York e unha nai de Lima, no Perú.[2] Ten tres irmás: Danielle, Alitzah (Ali Navarro) e Sabrina. Fala de maneira fluída o castelán, que aprendeu cando era neno, e posteriormente o inglés. Cando era neno, tamén aprendeu algo de quechua dos seus avós maternos. O seu pai é xudeu e a súa nai é católica.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Joshua Luis Wiener, Born 02/08/1979 in California | CaliforniaBirthIndex.org". www.californiabirthindex.org. Consultado o 12 de xaneiro de 2021. 
  2. "Josh Keaton Interview - Young Ocelot". Metalhearsolid.net. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2016. Consultado o 25 de agosto de 2015. 
  3. "Twitter". Mobile.twitter.com. 17 de novembro de 2017. Consultado o 22 de abril de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]