Joseph Lister

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoseph Lister

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de abril de 1827 Editar o valor em Wikidata
Upton House, Newham (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte10 de febreiro de 1912 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Walmer (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro do Consello Privado do Reino Unido
1902 –
Membro da Cámara dos Lords
8 de febreiro de 1897 – 10 de febreiro de 1912
37º Presidente da Royal Society
1895 – 1900
← William ThomsonWilliam Huggins → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
RelixiónSociedade Relixiosa dos Amigos Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity College de Londres
Grove House School (en) Traducir
Universidade de Londres
UCL Medical School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Inglaterra Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncirurxián , profesor universitario , político Editar o valor em Wikidata
EmpregadorKing's College de Londres
Universidade de Edimburgo
Universidade de Glasgow Editar o valor em Wikidata
Membro de
AlumnosEmil Theodor Kocher Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoWilliam Macewen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloBaron Lister (en) Traducir (1897–1912)
Baronete (pt) Traducir (1883–) Editar o valor em Wikidata
CónxuxeAgnes Syme Lister (pt) Traducir (1856–valor descoñecido) Editar o valor em Wikidata
PaisJoseph Jackson Lister (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Isabella Harris (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsArthur Hugh Lister (en) Traducir, Mary Godlee (en) Traducir, Isabella Sophia Lister (en) Traducir e John Lister (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Lister-359 Find a Grave: 9406 Editar o valor em Wikidata

Joseph Lister, 1º Barón de Lister OM FRS PC, nado en Upton (Essex) o 5 de abril de 1827 e finado en Walmer (Kent) o 10 de febreiro de 1912, coñecido como Sir Joseph Lister, Bt, foi un cirurxián inglés.

Nacido nunha próspera familia cuáquera de Upton, Essex, os seus pais foron Joseph Jackson Lister (un dos pioneiros no uso do microscopio composto) e Isabella Harris.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Joseph Lister entrou na universidade de Londres, unha das poucas universidades que admitían aos cuáqueros naquelas datas. Estudou inicialmente arte, pero aos 25 anos entrou na Universidade Real de Cirurxía.

En marzo de 1867, xa médico-cirurxián, tivo a brillante idea de xuntar a proposta exitosa de Semmelweis cos recentemente adquiridos coñecementos de Louis Pasteur. Até os estudos de Lister sobre os antisépticos a maioría da xente cría na teoría das miasmas, que se encontrarían no aire, como as responsábeis das infeccións.

Joseph Lister decatouse de que a putrefacción das feridas cirúrxicas causaba unha alta mortalidade nos hospitais. Coñecedor dos traballos de Louis Pasteur sobre que a fermentación e a putrefacción podían ocorrer en condicións anaeróbicas se había alí microorganismos, para evitar infeccións experimentou co terceiro método de loita contra es infeccións proposto por Pasteur, que era o método químico.

Mentres traballaba no Glasgow Royal Infirmary, desenvolveu mediante a utilización da calor a práctica cirúrxica da asepsia, e tamén a da antisepsia, mellorando notabelmente a situación postoperatoria dos pacientes. Introduciu con éxito o ácido carbólico (actualmente denominado fenol) para esterilizar os instrumentos cirúrxicos, limpar as feridas e lavar as mans dos cirurxiáns.

Lister publicou en The Lancet un artigo no que propoñía a orixe bacteriana da infección nas feridas e métodos para loitar contra ela, especialmente o uso do fenol. O efecto foi espectacular; os procedementos cirúrxicos que antes eran case unha sentenza de morte por infección, convertéronse en rutina.

En 1870 os métodos antisépticos ideados por Lister usáronse amplamente na guerra franco-prusiana salvando a vida de miles de soldados prusianos. En 1878, Robert Koch, o descubridor do bacilo da tuberculose, demostraría a utilidade de expandir o uso das medidas de hixiene e esterilización na roupa e no instrumental cirúrxico.

A contribución de Lister á cirurxía foi ampla e variada. Outro dos maiores avances na historia da cirurxía foi a invención do catgut, un éxito eclipsado polas outras achegas maiores. Joseph Lister foi o descubridor e o primeiro en utilizar o catgut como fío de sutura. Tratábase de filamentos feitos con láminas da membrana da serosa intestinal do gato. A súa vantaxe era que, ao seren proteicos, eran dixeridos polo organismo e reabsorbidos. A primeira vez que os utilizou foi nunha mastectomía que realizou en Edimbugo a unha irmá súa.

Grazas ao descubrimento dos antisépticos, Lister contribuíu a reducir en gran medida o número de mortes por infeccións contraídas no quirófano despois de que os pacientes foran sometidos a intervencións cirúrxicas.

Faleceu aos 85 anos.

Honras[editar | editar a fonte]

  • Lister foi membro da Royal Society e o seu presidente entre 1895 e 1900. Despois da súa morte, a Memorial Fund instituíu a Medalla Lister, considerada como o máis prestixioso premio para a cirurxía.
  • En 1883, pola súa contribución á ciencia, foi nomeado cabaleiro.
  • En 1897 outorgóuselle o título de Barón de Lyme Regis.
  • En 1899 a British Institution of Preventive Medicine (Institución británica de medicina preventiva), antes denominada Edward Jenner renomeouse e honor a Lister.
  • En 1902 foi galardoado coa Medalla Copley.
  • En 1902 Lister foi un dos 12 primeiros da historia en recibir a Orde ao Mérito.
  • A Expedición Discovery de 19011904 denominou Mount Lister (Monte Lister) ao punto máis alto da Royal Society Range, da Antártida.
  • En 1940 J. H. H. Pirie denominou Listeria a un xénero de bacterias patóxenas.
  • En 1965 os correos británicos imprimiron dous selos coa súa imaxe, pola súa contribución á cirurxía antiséptica.
  • Lister é un dos dous cirurxiáns do Reino Unido que ten un monumento público en Londres (o outro é John Hunter). Tamén hai unha estatua de Lister no Kelvingrove Park de Glasgow, en memoria da súa ligazón coa cidade.
  • Un edifico do Glasgow Royal Infirmary, coa departamentos de citopatoloxía, microbioloxía e patoloxía leva o seu nome para recoñecer o seu traballo nese hospital.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lamont, Ann (1992): "Joseph Lister: father of modern surgery" in Creation 14 (2): 48–51. Pódese ler en liña
  • Nuland, Sherwin B. (1988): Doctors: The Biography of Medicine. Nova York: Knopf. ISBN 0-679-76009-1

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]