Jorge Suárez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJorge Suárez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Jorge Juan Suárez Fernández Editar o valor em Wikidata
27 de decembro de 1975 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Ferrol
2015 – 2019
← Xosé Manuel ReyÁngel Mato → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Ferrol Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Jorge Juan Suárez Fernández, nado en Vigo o 27 de decembro de 1975, é un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Vigo, é o quinto de oito irmáns[1]. A súa familia partiu de Ferrol pola crise do naval en 1973 cando seu pai, que traballara en Astano, marchara a buscar traballo en Vulcano.[2] Está casado cunha ferrolá e ten dous rapaces. Volveu a Ferrol en 2009, licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.

Foi coordinador da área de Traballo, Economía e Social de Esquerda Unida en Ferrol, funcionario xudicial en varias cidades de España ata que foi destinado ao Ministerio de Xustiza adscrito á Fiscalía de Menores da Coruña e delegado sindical de CCOO.

Alcalde de Ferrol[editar | editar a fonte]

Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura de Ferrol en Común e foi elixido alcalde co apoio de PSdeG-PSOE e BNG.

Defínese como un home de paz que reivindica os seus ideais comunistas dende o respecto nun estado laico. Declarou que non financiaría con cartos do Concello a Semana Santa ferrolá. Unha das súa primeiras decisións foi baixar o soldo do alcalde por baixo dos 40 000 euros.

Recibiu múltiples críticas polo seu xeito descoidado e informal no seu vestir, tanto de xeito privado como en actos oficiais.[3]

Nas eleccións municipais de 2019 repetiu como candidato de Ferrol en Común. O seu partido foi a terceira forza máis votada, ao pasar de 6 a 3 concelleiros, e deu o seu apoio na investidura ao candidato do PSdeG Ángel Mato, que se converteu no novo alcalde de Ferrol.[4]


Predecesor:
José Manuel Rey Varela
 
Alcalde de Ferrol
 
2015 - 2019
Sucesor:
Ángel Mato

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Jorge Suárez, de Ferrol en Común, alcalde de Ferrol para que "impere la justicia social"". elcorregogallego.es. Arquivado dende o orixinal o 20-08-2015. Consultado o 13-12-2017. 
  2. "Jorge Suárez «on the road», un día con el candidato de Ferrol en Común". ferrol360.es. Consultado o 13-12-2017. 
  3. Soler Montagud, Alberto (19-09-2015). "La andrajosa estética del alcalde de Ferrol". nuevatribuna.es. Consultado o 14-12-2017. 
  4. "El socialista Ángel Mato, alcalde número 11 de la democracia en Ferrol". La Voz de Galicia. 15 de xuño de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]