Jordi Hereu
Jordi Hereu | |
---|---|
Nacemento | 14 de xuño de 1965 |
Lugar de nacemento | Barcelona |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Esade e ESADE Business School |
Ocupación | político |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Jordi Hereu i Boher, nado en Barcelona o 14 de xuño de 1965, é un político catalán, alcalde de Barcelona dende 2006 até 2011, e militante do Partit dels Socialistes de Catalunya dende 1987.
En outubro de 2020 anunciouse que sería o novo presidente de Hispasat, a proposta da SEPI.[1]
Dende 2023 é o ministro de Industria e Turismo do goberno de España.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Pasou a súa infancia no casco antigo do barrio de Sant Gervasi, a onde a súa familia se trasladou por obrigacións do negocio familiar (o seu pai era empresario do sector lácteo), logo de residir en Ciutat Vella e no Eixample. A súa familia, non obstante, é orixinal da comarca catalá do Pallars Jussà.
Cando era pequeno e mozo, Hereu foi escolta e cursou os seus estudos primarios e o bacharelato na Escola Sant Gregori, un centro escolar en Sarrià-Sant Gervasi que destacaba polo seu talante democrático. Posteriormente licenciouse en Administración e Dirección de Empresas e obtivo un MBA en ESADE. Foi membro das asociacións de estudantes AIESEC e Empresa Joventut entre 1986 e 1988.
Hereu está casado e ten dous fillos. Entre as súas afeccións destaca a lectura, o cinema e a música.
Alcalde de Barcelona[editar | editar a fonte]
O 29 de agosto de 2006 anunciouse a súa designación como candidato do seu partido a suceder a Joan Clos á fronte da alcaldía da cidade, cuxo substitución tivo lugar o 8 de setembro de 2006, debido á designación de Clos como responsable do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
Nos comicios electorais do 27 de maio de 2007, a lista encabezada por Jordi Hereu foi a máis votada, conseguindo 14 concelleiros. Co apoio de Iniciativa per Catalunya, Hereu foi novamente investido Alcalde o 16 de xuño de 2007.
O 22 de maio de 2011 perdeu as eleccións contra Xavier Trias de CiU, que foi investido alcalde o 1 de xullo.
Ministro de Industria e Turismo[editar | editar a fonte]
En novembro de 2023, o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, propuxo a Hereu como novo ministro de Industria e Turismo.[2] Após ser nomeado polo rei Filipe VI, tomou posesión do cargo o 21 de novembro de 2023 no palacio da Zarzuela.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Moreno, Álvaro (2020-10-09). "El consejo de Hispasat aprueba el nombramiento de Jordi Hereu como presidente". Elconfidencial.com (en castelán).
- ↑ "Jordi Hereu, ministro de Industria". Expansión (en castelán). 2023-11-20.
- ↑ Caballero, Álvaro (2023-11-21). "El Gobierno echa a andar con la toma de posesión de los ministros". RTVE.es (en castelán).
Predecesor: Joan Clos |
Alcalde de Barcelona 2006-2011 |
Sucesor: Xavier Trias |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jordi Hereu |