Jordi Bargalló i Poch
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 5 de decembro de 1979 (44 anos) Sant Sadurní d'Anoia, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xogador de hóckey a patíns | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua catalá e lingua castelá | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | hóckey a patíns | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Pau Bargalló (en) |
Jordi Bargalló i Poch, nado en Sant Sadurní d'Anoia o 5 de decembro de 1979, é un xogador de hóckey a patíns catalán, que ocupa a demarcación de medio e que actualmente xoga no UD Oliveirense de Portugal.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Debutou no club da súa cidade natal, o Noia Freixenet en 1997, e permaneceu no club 5 tempadas. Na tempada 2002/2003 asina por primeira vez co HC Liceo, proclamándose campión da Copa de Europa. Na tempada 2006/2007 pasa a formar parte do Igualada HC, retornando dúas campañas máis tarde ao equipo galego do HC Liceo, equipo do que foi capitán. Xogou nel até a tempada 2015/2016 (7 campaña), na cal proclamou que ía marchar do HC Liceo facendo así que o mercado se disparase. Ao final da tempada acabou por fichar polo U.D. Oliveirense, de Portugal.
Foi internacional pola selección española, formando parte do equipo campión do Campionato do Mundo "A" (2005 e 2009) e do Campionato de Europa (2006 e 2008).
Equipos[editar | editar a fonte]
- CE Noia: 1997-2002
- H.C. Liceo: 2002-2006
- Igualada HC: 2006-2008
- H.C. Liceo: 2008-
Palmarés[editar | editar a fonte]
CE Noia[editar | editar a fonte]
- 1 Copa CERS: 1997-98
- 1 Copa do Rei: 1998
HC Liceo[editar | editar a fonte]
- 3 Copa de Europa: 2002-03, 2010-11 e 2011-12
- 2 Copa Continental: 2002-03 e 2012
- 2 Copa Intercontinental: 2004 e 2012
- 1 Copa do Rei: 2004
- 1 Copa CERS: 2010
- 1 OK Liga: 2013
Selección catalá[editar | editar a fonte]
- 1 Golden Cup: 2010
- 1 Copa América: 2010
Selección española[editar | editar a fonte]
- 3 Campionatos do Mundo "A": 2005, 2009 e 2011
- 4 Campionato de Europa: 2006, 2008, 2010 e 2012
- 1 Torneo das Nacións de Montreux: 2005
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jordi Bargalló i Poch |
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |