John Howard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJohn Howard

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de xullo de 1939 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Earlwood, Australia Editar o valor em Wikidata
Delegado á Convención Constitucional Australiana
2 de febreiro de 1998 – 13 de febreiro de 1998
25º Primeiro ministro de Australia
11 de marzo de 1996 – 3 de decembro de 2007
← Paul KeatingKevin Rudd →
Líder da oposición de Australia
30 de xaneiro de 1995 – 11 de marzo de 1996
Líder da oposición de Australia
5 de setembro de 1985 – 9 de maio de 1989
← Andrew PeacockAndrew Peacock →
Ministro de Finanzas de Australia
23 de febreiro de 1979 – 27 de febreiro de 1979
← Eric RobinsonEric Robinson →
Tesoureiro de Australia
19 de novembro de 1977 – 11 de marzo de 1983
← Phillip LynchPaul Keating →
Ministro de Negociacións Comerciais Especiais de Australia
17 de xullo de 1977 – 20 de decembro de 1977
← sen valor – Vic Garland →
Membro da Cámara de Representantes de Australia
18 de maio de 1974 – 24 de novembro de 2007
← John CramerMaxine McKew →
Circunscrición electoral: Bennelong

Datos persoais
País de nacionalidadeAustralia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa Anglicana Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Sydney - Grao en Leis
Canterbury Boys' High School Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Camberra Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , solicitor , avogado , autobiógrafo , historiador Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Liberal de Australia (1957–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
Convenció Constitucional Australiana de 1998 Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJanette Howard (1971–) Editar o valor em Wikidata
PaisLyall Howard Editar o valor em Wikidata  e Mona Jane Kell Editar o valor em Wikidata
IrmánsBob Howard Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Discogs: 5444951 WikiTree: Howard-6626 Editar o valor em Wikidata

John Winston Howard, nado en Sidney (Nova Gales do Sur), o 26 de xullo de 1939, é un político australiano. Como líder do Partido Liberal de Australia foi Primeiro ministro de Australia dende o 11 de marzo de 1996 ata o 3 de decembro de 2007, cando tamén deixou de ser o líder do devandito partido. Foi membro da Cámara de Representantes de Australia desde 1974 pola circunscrición de Bennelong, ata a súa derrota nas eleccións de 2007, nas que venceu a laborista Maxine McKew.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Criouse en Earlwood, un suburbio de Sidney. O seu pai, Lyell Howard, e o seu avó paterno, Walter Howard, eran ambos os dous veteranos da primeira guerra mundial. Máis tarde, estableceron unha estación de servizo e un taller mecánico en Dulwich Hill, nos que Howard traballou de neno. Lyell Howard morreu cando John era só un adolescente, e a nai de John tivo que facerse cargo del e dos seus tres irmáns.

Cursou a educación secundaria no Canterbury Boys' High School; posteriormente graduouse en Dereito pola Universidade de Sydney e en 1963 iniciouse na profesión legal como fiscal do Tribunal Supremo do estado de Nova Gales do Sur. Entre 1968 e 1974 exerceu a avogacía.

En 1971 contraeu matrimonio con Janette Parker, con quen tivo tres fillos: Melanie (1974), Tim (1977) e Richard (1980).

Carreira política[editar | editar a fonte]

A súa actividade política comezou en 1962 como membro da sección xuvenil do Partido Liberal de Australia (LP, de ideoloxía conservadora) e dez anos despois converteuse en vicepresidente do partido en Nova Gales do Sur e membro do seu Consello Federal. Deputado desde 1974 na Cámara de Representantes do Parlamento Federal pola circunscrición de Bennelong, no distrito metropolitano de Sídney, Howard participou logo nos gobernos liberais de Malcolm Fraser.

Foi ministro de Comercio e Consumo do 22 de decembro de 1975 ao 17 de xullo de 1977, ministro achego ao Primeiro Ministro e Secretario de Estado para negociacións comerciais ata o 20 de decembro de 1977 e finalmente Ministro do Tesouro do 19 de novembro de 1977 ao 11 de marzo de 1983, cargo de especial responsabilidade que lle catapultaría ao primeiro plano político. Durante catro días en febreiro de 1979 fíxose cargo tamén, con carácter interino, do Ministerio de Finanzas.

O 8 de abril de 1982 foi elixido vicelíder e o 5 de setembro de 1985 líder do LP, posición que mantivo ata o 9 de maio de 1989, cando o seu máximo rival dentro do partido, Andrew Peacock, que xa sucedese como líder a Fraser en 1983, arrebatoulle o posto nun golpe interno. Tras un infrutuoso intento de facerse coas rendas liberais en 1993, Howard anunciou a súa renuncia a liderar o partido de novo, pero o 30 de xaneiro de 1995 este, que se resentía de doce anos xa de estancia na oposición, elixiulle para substituír a Alexander Downer, que levaba só oito meses no posto. En 1988, Howard expresou as súas opinións controvertíbeis contra o nivel de inmigración de persoas de orixes asiáticas a Australia. Moitas persoas australianas considéranlle esas opinións racistas.

Durante os gobernos do Partido Laborista Australiano (ALP) encabezados por Robert Hawke e Paul Keating, Howard integrou o shadow cabinet (executivo paralelo, simbólico, da oposición no Parlamento) liberal como ministro do Tesouro (16 de marzo de 1983 a 5 de setembro de 1985), de Industria, Tecnoloxía e Comercio (28 de outubro de 1989 a 11 de abril de 1990), de Relacións Industriais, Emprego e Formación (11 de abril de 1990 a 7 de abril de 1993, coincidindo coa súa presidencia do Grupo parlamentario para a reforma do mercado laboral) e de Relacións Industriais (7 de abril de 1993 a 31 de xaneiro de 1995).

Partidario dunha economía de mercado con mínima presenza do Estado, de face ás eleccións parlamentarias federais do 2 de marzo de 1996, Howard alcanzou un pacto de coalición co tamén conservador e de implantación rural Partido Nacional (ANP), liderado por Tim Fischer, alianza que xa funcionara no goberno de Nova Gales do Sur ata 1995. A fórmula, con grande apoio entre a poboación agropecuaria do interior, resultou eficaz para desbancar aos laboristas e venceu co 46,9% dos votos e 94 dos 148 escanos.

As súas sucesivas reeleccións en 1998, 2001 e 2004 convertéronlle no segundo Primeiro Ministro de Australia ata a data que máis tempo ocupou o cargo, tan só superado por Sir Robert Menzies.