John Atherton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Atherton
Nacemento1598
Lugar de nacementoSomerset
Falecemento5 de decembro de 1640
Lugar de falecementoDublín
Causaenforcamento
NacionalidadeReino de Irlanda
RelixiónIgrexa Anglicana
Alma máterUniversidade de Oxford
Ocupaciónsacerdote
Na rede
WikiTree: Atherton-1894
editar datos en Wikidata ]

John Atherton, nado en Somerset, Inglaterra en 1598, finado en Dublín o 5 de decembro de 1640, foi un bispo anglicano da Igrexa de Irlanda, condenado á forca, xuntamente co seu amante, sobre a acusación de sodomía.

Dada a escaseza de rexistros do seu xulgamento[1], a "inocencia" de Atherton remanece como obxecto de estudo.

Biografía[editar | editar a fonte]

Atherton naceu en Somerset, Inglaterra. Estudou na Universidade de Oxford e uniuse aos clérigos anglicanos. Recibiu o título de bispo de Waterford e Lismore no ano de 1636, por recomendación de Thomas Wentworth, Conde de Strafford e Lord-Tenente de Irlanda. Seis anos despois, Atherton foi condenado á forca pola práctica de sodomía con John Childe, cobrador do décimo.

Conspiración[editar | editar a fonte]

En 1710 xurdiron rumores de que fora vítima dunha conspiración. Cando foi bispo, Atherton reuniu un gran número de inimigos - católicos e protestantes - grazas á súa campaña para recuperar as terras da Igrexa[1][2].

No seu xuízo, Atherton negou a acusación de sodomía perante o tribunal, mais confesoulla ao padre que o visitou no cárcere[2]. A conspiración tería sido organizada por un avogado chamado Butler, envolto nas disputas de terras na rexión de Waterford[2].

O seu suposto amante, John Childe, foi enforcado en marzo de 1641. En Londres, no mesmo ano, foi impreso un panfleto co poema titulado "The Life and Death of John Atherton" (A Vida e Morte de John Atherton), de autoría descoñecida, que describe a vida e o xulgamento do bispo, alén de explorar a natureza hedionda dos seus crimes[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Crompton, Louis. "Homosexuality & Civilization". Harvard University Press, 2006. ISBN 978-0-674-02233-1
  2. 2,0 2,1 2,2 Aldrich, Robert; Wotherspoon, Garry ."Who's Who in Gay and Lesbian History: From Antiquity to World War II". Routledge, 2002. ISBN 0-415-15983-0
  3. Carpenter, Andrew. Verse in English from Tudor and Stuart Ireland". Cork University Press, 2003. ISBN 978-1-85918-373-1

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bray, Alan. Homosexuality in Renaissance England. Londres: Gay Men's Press, 1982. ISBN 0-907040-13-6
  • Parris, Matthew. The great unfrocked: two thousand years of church scandal. Londres: Robson Books, 1998. ISBN 1-86105-129-8.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]