Joachim Meisner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoachim Meisner

(2014) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de decembro de 1933 Editar o valor em Wikidata
Leśnica (Reich alemán) Editar o valor em Wikidata
Morte5 de xullo de 2017 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Bad Füssing, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Causa da morteParada cardiorrespiratoria Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Colonia (2017–) Editar o valor em Wikidata
Roman Catholic Archbishop of Cologne (en) Traducir
1988 –
← Joseph Höffner (pt) TraducirRainer Maria Woelki →
Cardeal
2 de febreiro de 1983 –
Roman Catholic Bishop of Berlin (en) Traducir
1980 –
← Alfred Bengsch (pt) TraducirGeorg Sterzinsky →
Bispo auxiliar
1975 –
Diocese: Diocese de Erfurt (pt) Traducir
Bispo titular
1975 –
Diocese: Vina (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónPontificia Universidade Gregoriana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoIgrexa católica e relixión Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbispo católico (1975–), sacerdote católico (1962–), diácono (1962–), escritor , Arcebispo , Christian theologian (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá e latín eclesiástico Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónHugo Aufderbeck (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
12 de marzo de 2013conclave de 2013
19 de abril de 2005conclave de 2005 Editar o valor em Wikidata
Premios

Editar o valor em Wikidata

Joachim Meisner, nado o 25 de decembro de 1933 en Breslau (Baixa Silesia, Alemaña) e finado o 5 de xullo de 2017 en Bad Füssing, foi un eclesiástico católico latino, cardeal dende 1983 e arcebispo metropolitano de Colonia dende 1988 até 2014.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Joachim Meisner, á dereita, xunto a Karl Lehmann, Gerhard Schaffran e Joseph Ratzinger na Convención Católica de Dresden de 1987.
O cardeal Meisner xunto ao presidente do Consello de Estado da RDA Erich Honecker, en 1987.

Joachim Meisner naceu no distrito de Lissa, en Breslau, entón parte de Alemaña (hoxe en Polonia) o 25 de decembro de 1933, nunha familia católica con 3 fillos máis. Logo da expulsión da súa familia da Silesia en 1945 e do falecemento do seu pai no mesmo ano, os Meisner viviron en Körner (Turinxia). Logo dun período como profesional da banca, Joachim Meisner entrou en 1951 no seminario para adultos de Magdeburgo. Entre 1959 e 1962 estudou Filosofía e Teoloxía en Erfurt, onde foi ordenado diácono o 8 de abril de 1962. Foi ordenado sacerdote o 22 de decembro de 1962 polo bispo auxiliar de Fulda Joseph Freusberg. En 1969 doutorouse en Teoloxía pola Pontificia Universidade Gregoriana.

Bispo auxiliar de Erfurt-Meiningen[editar | editar a fonte]

O 17 de marzo de 1975 foi nomeado bispo auxiliar de Erfurt-Meiningen e bispo titular de Vina. Recibiu a ordenación episcopal o 17 de maio de mans do administrador apostólico Hugo Aufderbeck; Meisner tomou como lema episcopal Spes nostra firma, da segunda epístola aos corintios de san Paulo.

O 22 de abril de 1980 foi nomeado bispo de Berlín. O papa Xoán Paulo II creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de Santa Pudenziana no consistorio do 2 de febreiro de 1983.

O 20 de decembro de 1988 foi nomeado arcebispo de Colonia, cargo no que permaneceu até o seu retiramento o 28 de febreiro de 2014, con 80 anos. Finou o 5 de xullo de 2017 en Bad Füssing.


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Alfred Bengsch
 Bispo de Berlín 
1980 - 1988
Sucesor:
Georg Maximilian Sterzinsky
Predecesor:
Joseph Höffner
 Arcebispo de Colonia 
1988 - 2014
Sucesor:
Rainer Maria Woelki