Jesús Ares Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ares
Información persoal
Nome Jesús Ares Otero
Nacemento 20 de novembro de 1933
Lugar de nacemento Foz
Altura 1,74 m.
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
Foz
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Foz
1952 Lucense 7 (0)
1952–1954 Racing de Ferrol 33 (2)
1954–1957 Celta de Vigo 36 (2)
1957–1958 Atlético de Madrid 6 (0)
1958–1959 Málaga 27 (3)
1959–1963 Salamanca 73+ (0)
1963–1966 Langreo 73 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
editar datos en Wikidata ]

Jesús Ares Otero, nado en Foz o 20 de novembro de 1933, é un exfutbolista galego que xogaba na demarcación de centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol no equipo xuvenil do Foz, pasando logo ao primeiro equipo.[1] Aos 16 anos foi estudar a Lugo e fichou pola Ximnástica Lucense, que lle pagaba os seus estudos.[2] Con este club debutou na Segunda División, nun partido diante do Lleida, e a continuación disputou a promoción de permanencia, sen éxito.

Durante as tempadas 1952/53 e 1953/54 militou no Racing de Ferrol, tamén de Segunda, época na que aproveitou para realizar o servizo militar e estudar Comercio.[2] A finais de marzo de 1954 fichou polo Celta de Vigo ao igual que Blas Artime, tamén procedente do Racing.

Debutou co Celta o 4 de abril de 1954 en Valencia, porén sería o único encontro que disputou esa tempada. Pese a que as primeiras tempadas non xogou demasiado na 1956/57 consagrouse no centro do campo do equipo xunto a Che Gutiérrez, dirixido por Alejandro Scopelli.

Ao finalizar esa tempada foi traspasado ao Atlético de Madrid por un prezo de 1 250 000 pesetas, porén non tivo continuidade en Madrid, polo que fichou polo CD Málaga da Segunda División. A continuación xogou catro tempadas no Salamanca e tres no Langreo, ata a súa retirada dos campos en 1966.

Tras deixar o fútbol foi armador de pesca e dirixiu dous barcos, o Siempre Quintanero e o Eliseo Quintanero, con base no porto da Coruña e que traballaban principalmente no Gran Sol.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en 1961 coa ponferradina Rosario Pardo Prada, coa que tivo tres fillos: Ana, Jesús e Celia.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tourón, M. (18 de setembro de 1954). "Nuevos en el Celta: Ares". El Pueblo Gallego (en castelán) (10177). p. 6. Consultado o 20 de outubro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Míguez, Vicente (7 de xaneiro de 2022). "Aquel Quintanero de Foz na Primeira División do fútbol". El Progreso. Consultado o 20 de outubro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]