Jaume Cabré

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jaume Cabré
Nacemento30 de abril de 1947
Lugar de nacementoBarcelona
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Barcelona
Ocupaciónescritor, guionista, crítico literario, profesor universitario, filólogo, político e libretista
Coñecido porsen etiquetar, sen etiquetar, I confess, sen etiquetar, sen etiquetar e sen etiquetar
PremiosPremio de Honor das Letras Catalás, Creu de Sant Jordi, Gold Letter, Serra d'Or Critics Award, Premi Trajectòria, Prix Méditerranée, Premi de la Crítica de narrativa catalana, Premio Cidade de Barcelona de literatura en lingua catalá, premi Prudenci Bertrana de novel·la, Premii Joan Crexells de narrativa, premi Prudenci Bertrana de novel·la, Premi de la Crítica de narrativa catalana, Prêmio Sant Jordi de romance, Premi de la Crítica de narrativa catalana, Premi El setè cel de Salt, Premi de la Crítica de narrativa catalana, Premi de Narrativa Maria Àngels Anglada, Premii Joan Crexells de narrativa e Jaume Fuster Award
Na rede
http://jaumecabre.cat/
IMDB: nm0127774 Bitraga: 1091 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Jaume Cabré i Fabré, nado en Barcelona o 30 de abril de 1947, é un escritor e guionista catalán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en filoloxía catalá na Universidade de Barcelona, foi catedrático de ensino medio e é profesor na Universidade de Lleida, tamén é membro da sección filolóxica do Institut d'Estudis Catalans. Durante moitos anos compaxinou a escrita literaria co ensino. Tamén realizou guións para o cine e a televisión. Con Joaquim Maria Puyal, foi o creador e guionista da primeira telenovela en catalán: La granja (1989-1992), á que seguiron guións para outras series como ;Estació d'enllaç (1994-1998) e Crims (2000) e para os telefilmes La dama blanca (1987), Nines russes (2003) e Sara (2003). Para o cine, escribiu (xunto con Jaume Fuster, Vicenç Villatoro e Antoni Verdaguer) o guión da película de Antoni Verdaguer La teranyina (1990), baseada na súa novela, premio Sant Jordi de 1984.[1] Co mesmo equipo realizou o guión de Havanera (1993).

Recibiu os principais galardóns da literatura catalá a obra inédita e a traballo publicado, así como o Premio de Honra das Letras Catalás, concedido por Òmnium Cultural, para o conxunto do seu traballo e carreira.[2] E en 2014 a Generalitat outorgoulle a Creu de Sant Jordi polos servizos prestados a Cataluña.[3]

Obra literaria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Deuse a coñecer con dous libros de narracións, Faules de mal desar (1974) e Toquen a morts (1977).[4]

Na súa primeira novela, Galceran, l'heroe de guerra negra (1978), xa aparecen os que serán os termas centrais da súa obra: o poder e a condición humana. O personaxe do bandido Jaume Galceran, cheo de contradicións, está tratado como un heroe, mesmo ao seu pesar, durante a Guerra dels Matiners (Segunda Guerra carlista).

A segunda novela,Carn d'olla (1978), fai destacar un personaxe ben diferente, Barringa Barranga, unha ex-prostituta que estableceu unha ampla rede de relacións no barrio barcelonés de Sant Antoni.

En El mirall i l'ombra (1980), apareceu por primeira volta a música e, en certo modo, a reflexión sobre o valor da creación artística, que máis tarde van ser temas presentes de maneira constante.

Tamén en 1980 publicou unha obra de literatura infantil, a novela, La història que Roc Pons no coneixia e, un ano máis tarde, un conto que leva por título El blauet.

Consolidación[editar | editar a fonte]

Durante os anos 1984 e 1985, aparecen os tres títulos que comporán o ciclo de Feixes, e no que levaba a traballar anos. En 1984 publicou La teranyina, unha historia enmarcada na Semana Tráxica e que conta as vicisitudes da época, na cidade de Feixes, correlato literario de Terrasa. A loita polo poder político, económico e familiar, reflíctese nos movementos dos diversos personaxes da familia Rigau, e os outros personaxes presentes nesta novela.

Do mesmo 1984 é Fra Junoy o l'agonía del sons, unha novela de xestación lenta, na que ademais dos movementos subterráneos do mundo eclesial de Feixes e do mosteiro de La Ràpita, do que o frade protagonista é o confesor, a música ten un protagonismo destacable. Algúns dos personaxes xa presentes en La teranyina e o mundo de Feixes tamén están presentes nesta novela, que non deixa de ser unha continuación da anterior. Destaca a figura de fra Junoy, unha especie de vítima dos que teñen o poder de manipulación.

En 1985 publicou a novela curta Luvowski o la desraó, que é o punto final destes personaxes e familias que viviron nas outras dúas novelas. Esta historia publicouse nun libro de relatos, Llibre de preludis, no que a música está aínda máis presente.

En 1984 publicou a súa segunda novela infantil, L'home de Sau.

Madurez[editar | editar a fonte]

Día de Sant Jordi de 2014 en Barcelona.

En 1991, apareceu Senyoria, unha novela sobre a corrupción xudicial nun réxime absolutista e situada na Barcelona de finais do século XVIII. Protagonizada por Rafel Massó, o rexente civil da Audiencia de Barcelona, describe a figura do verdugo, con todos os seus medos e o seu egoísmo.

L'ombra de l'eunuc (1996) é unha novela que relata os anos finais do franquismo, a transición e os anos seguintes desde o punto de vista da xeración do autor, personificada por Miquel Gensana, o protagonista. Ao mesmo tempo, é unha novela de reflexión sobre o feito creativo e, sobre todo, o feito musical. A estrutura do relato baséase na estrutura do Concerto para violín e orquestra, de Alban Berg. En 1999 publicou El sentit de la ficciò, un ensaio sobre a creación literaria, sobre a escrita.

No ano 2000 retornou ao conto co libro de relatos, Viatge d'hivern, que contén catorce historias ligadas unhas ás outras por impulsos agachados.

O ano seguinte, en 2001, publicou e estreou no Teatro Nacional de Cataluña, a obra de teatro Pluja seca, na que aparece o tema da terxiversación da memoria histórica e a reflexión que procede de escribir os vencedores a historia. O drama comeza no castelo de Peníscola convertido en corte papal o día que morre Bieito XIII e o colexio cardenalicio decide nomear un sucesor, e que en Roma cualifican de antipapa.

A súa novela Les veus del Pamano (2004) arrrinca nos anos corenta nunha aldea do Pallars Sobirà e chega ata os nosos días, cun friso de personaxes amplo como os profesores Oriol Fontelles e Tina Bros, ou a señora Elisenda Vilabrú. A memoria histórica, a imposibilidade de perdón, o medo ao esquecemento son algúns dos temas que aparecen nesta novela. O 16 de novembro de 2009, TV3 estreou unha miniserie de dous episodios baseado na novela.[5]

En 2005, publicou o seu segundo ensaio: La matèria de l'esperit, sobre a lectura literaria.

En 2011 publicou Jo confeso, unha novela de novelas na que reflexiona sobre a idea do mal na historia da humanidade a partir da vida du personaxe culto e moi intelixente nacido na Barcelona da posguerra.

Obras[editar | editar a fonte]

Relato[editar | editar a fonte]

  • Faules de mal desar (Editorial Selecta, Barcelona 1974)
  • Toquen a morts (Edicions La Magrana, Barcelona 1977)
  • Tarda lliure (1981) (Premi Recull, 1980)
  • Llibre de preludis (Edicions 62, Barcelona 1985 / Proa, Barcelona 2002)
  • Viatge d'hivern (Proa, Barcelona 2000)
  • Baix continu (Proa, Barcelona 2007)

Novela[editar | editar a fonte]

  • Galceran, l'heroi de la guerra negra (Laia, Barcelona 1978 / Proa, Barcelona 1990)
  • Carn d'olla. (Moll, Palma 1978 / Proa, Barcelona 1999)
  • El mirall i l'ombra (Laia, Barcelona 1980)
  • La teranyina (Proa, Barcelona, 1984)
  • Fra Junoy o l'agonia dels sons (Edicions 62, Barcelona 1984 / Proa, Barcelona 1998)
  • Senyoria (Proa, Barcelona 1991. Traducido ao galego por Dolores Martínez Torres como Señoría, Galaxia, Vigo, 2002)
  • El llibre de Feixes [La teranyina, Fra Junoy o l'agonia dels sons i Luwovski o la desraó] (Proa, Barcelona 1996)
  • L'ombra de l'eunuc (Proa, Barcelona 1996)
  • Les veus del Pamano (Proa, Barcelona 2004)
  • Jo confesso (Proa, Barcelona 2011)

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • El sentit de la ficció (Proa, Barcelona 1999)
  • La matèria de l'esperit (Proa, Barcelona 2005)
  • Les incerteses (Proa, 2015)[6]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Pluja seca (Proa-TNC, Barcelona 2001)

Novelas e relatos infantís[editar | editar a fonte]

  • La història que en Roc Pons no coneixia (Editorial La Galera, Barcelona 1980)
  • L'any del blauet (Editorial Barcanova, Barcelona 1981)
  • L'Home de Sau (Editorial La Galera, Barcelona 1985)
  • En Pere i el bosc (Editorial Estrella Polar, Barcelona 2015)

Guións[editar | editar a fonte]

  • La dama blanca (telefilme) (1987)
  • La teranyina (radionovela) (1988)
  • Fins que la mort ens separi (radionovela) (1989)
  • La granja (serie TV) (1989-1992)
  • La teranyina (filme) (1990)
  • Havanera (filme) (1993)
  • Estació d'enllaç (serie TV) (1994-1998)
  • Crims (serie TV) (2000)
  • Nines russes (telefilme) (2003)
  • Sara (telefilme) (2003)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Jaume Cabré i Fabré" L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana.
  2. "Jaume Cabré, Premi d'Honor de les Lletres Catalanes Arquivado 20 de xuño de 2010 en Wayback Machine.", Vilaweb, 8 de abril de 2010
  3. "Jaume Cabré, Vicky Peña, e Josep María Martí, entre o Creus de Sant Jordi 2014", 324.cat, 1 abril de 2014.
  4. Gracià, Oriol. «Entrevista a Jaume Cabré». Sàpiens [Barcelona], núm. 109, outubro de 2011, p. 24-25. ISSN: 1695-2014.
  5. TV3 estrena avui "Les veus del Pamano" CCRTV, Televisió de Catalunya, 12 de novembro de 2009
  6. Nopca, Jordi.«Què llegirem abans de Sant Jordi» (paper). Diari Ara, 3/1/2015, pp. 34-35

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]