Jan van Eyck

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jan van Eyck
O home do turbante vermello;
posíbel autorretrato de Jan van Eyck
NomeJan van Eyck
Nacementoc. 1390 e 1385
 Bispado de Liège, Liexa e Maaseik
Falecemento9 de xullo de 1441
 Bruxas
Nacionalidadeflamengo
Cónxuxe(s)Margareta van Eyck
EidoPintura
MovementoFlamengo primitivo
PatrónsFilipe III de Borgoña
Influenciado porMelchior Broederlam
InfluenciadoPetrus Christus, Gerard David, Hugo van der Goes, Lluís Dalmau
Na rede
Musicbrainz: 11ec272c-bfe5-4863-be7e-ae97671325ec Discogs: 2155284 Find a Grave: 9529187 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Jan van Eyck, nado contra 1385 presumiblemente en Maaseyck e finado en 1441, foi un pintor flamengo.

O pintor e biógrafo de artistas florentino Giorgio Vasari, atribuíu a Jan Van Eyck unha das innovacións que máis consecuencias tería na pintura: Na súa edición de "Le Vite" deixou sentenciado que fora a orixe da pintura ao óleo. Vasari conta que Van Eyck descobreu casualmente que os óleos son aptos como aglutinantes. E continúa narrando a través da biografía de Antonello da Messina como esta nova técnica pictórica acabaría sendo coñecida en Italia.

A fortuna de tal aserto foi tal, que ao longo dos séculos tense reproducido como orixinal tal afirmación.

Carel van Mander, na súa obra Schilderboek (1604) cualifica aos irmáns Van Eyck como fundadores da arte holandesa. E narra as probas experimentais cos aceites de liñaza e noces na procura de vernices que sequen o máis axiña posible.

Incluso a Enciclopedia de Diderot e D`Alembert (1751-1780) mantivo a afirmación sobre a orixe da pintura ao óleo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O matrimonio Arnolfini, 1434. O único retrato dobre e de corpo enteiro feito por van Eyck. Na vista ampliada pódese ver no espello o retrato do propio van Eyck

En 1422, Jan van Eyck, converteuse en pintor ao servizo de Xoán de Baviera-Straubing, quen gobernaba desde 1418 os condados de Holanda e Seeland. En colaboración cos seus axudantes, traballa probablemente na decoración da corte da Haia, a denominada corte interior.

En 1425, trala morte de Xoán de Baviera, trasládase a Bruxas. Cunha patente alí expedida é nomeado pintor da corte do duque borgoñón Filipe III, chamado “Filipe o bo” (en francés Philippe le Bon).

En 1428, formado parte dun séquito de alto rango, marcha -pasando por Inglaterra e Galicia -a Portugal, onde se concerta o matrimonio entre Felipe o Bo e a infanta portuguesa Isabel. Entre os diplomáticos borgoñeses atópase Baudouin de Lannoy - a quen retratará cara á 1435.

En Portugal, pinta dous retratos da infanta. E mentres espera resposta, algúns borgoñeses, probablemente tamén Van Eyck realizan unha perigrinaxe a Santiago de Compostela e teñen un encontro con Xoán II de Castela e con Mohammed, rei de Granada. En setembro dese ano parten coa infanta cara aos Países Baixos, arribando a Sluis, en Bruxas. En 1432, é fixado na Sint Janskerk, hoxenedía San Bavón - o Políptico de Gante, coincidindo co establecemento da súa residencia e obradoiro permanente en Bruxas.

Neste ano, pinta "Leal Souvenir" e asemade o retrato perdido de "Xacoba de Baviera".

En 1433, pinta o "Home do turbante vermello", no que aparece por vez primeira o seu lema de pintor: "ALC IXH XAN", que traducido di:"O mellor que podo". Casa con Margarete van Eyck a quen pintará 1439.

En 1434, por encargo de Giovanni Arnolfini, o artista pinta O matrimonio Arnolfini. Tamén nace o seu primeiro fillo.

En 1435 viaxa ao Congreso de Arras, para retratar aos participantes. Durante a súa estadía, realiza o "Retrato do Cardeal Niccolò Albergati".

En 1436, conclúe as obras "Virxe do cóengo Van der Paele" e "Retrato de Jan de Leeuw".

No ano 1437, remata o "Tríptico de Dresde".

Entre 1438 e 1439 conclúe o "Retrato do Cardeal Niccolò Albergati" e a "virxe da Fonte.

Traballo[editar | editar a fonte]

Influído por Claus Sluter e os irmáns Limbourg, desenvolveu a súa actividade artística en Bruxas. Na súa obra mestura o tema relixioso cos retratos, no primeiro tipo de obras o ambiente é palaciano mentres que no segundo teñen un carácter máis burgués.

Van Eyck trata a luz e o espazo de forma unitaria, ligando obxectos e figuras nunha atmosfera real e continua. Perfecciou a pintura ó óleo, usando aceites de liñaza e de noz, que secaban axiña, o que lle permitiu aplicar capas superpostas de pintura co que consegue crear efectos de transparencia espectaculares polo seu realismo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]