James D. G. Dunn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJames D. G. Dunn
Nome orixinal(en) James Dunn Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de outubro de 1939 Editar o valor em Wikidata
Birmingham, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xuño de 2020 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Chichester, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
RelixiónMetodismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Cambridge
Universidade de Glasgow
Clare College Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónteólogo , profesor universitario , New Testament scholar (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Durham (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios


James D. G. Dunn, nado en Birmingham o 21 de outubro de 1939 e finado o 26 de xuño de 2020, foi un historiador inglés, especialista no estudo do cristianismo primitivo e do Xesús de Nazaret histórico de tradición anglicana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Catedrático pola Universidade de Durham está vinculado tamén ás Universidades de Glasgow e Cambridge. Tiveron especial relevancia as súas publicacións sobre Paulo de Tarso. Ten publicado unha monumental obra sobre o que denominou o Xesús recordado. Dunn trata de cubrir a lagoa deixada pola investigación histórica que, consonte a súa opinión, non tirou as consecuencias axeitadas de que a transmisión da memoria de Xesús por parte dos que o coñeceron tivo que ser inicialmente oral. Só así se pode descubrir adecuadamente o impacto causado pola figura histórica de Xesús entre os primeiramente chamados ao discipulado. Sobre estas premisas é como se pode reelaborar máis científica e coherentemente a visión da figura histórica de Xesús, a súa misión e os seus efectos.

Obra[editar | editar a fonte]

  • The evidence for Jesus (1985)
  • Jesus Remembered (2003)
  • Unity and diversity in tha New Testament: An Inquiry into the Character of Erliest Christianity (2006)
  • The New persective on Paul (2007)
  • Beginning from Jesusalem (2009)