Isidoro Araújo de Lira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Isidoro Araújo de Lira
Nacemento3 de xaneiro de 1816
Lugar de nacementoVigo
Falecemento7 de maio de 1861
Lugar de falecementoA Habana
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Isidoro Araújo Alcalde, chamado Isidoro Araujo de Lira, nado en Bouzas o 3 de xaneiro de 1816 e finado na Habana o 7 de maio de 1861, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou humanidades en Tui e filosofía no mosteiro beneditino de Samos. En 1835, cando ten efecto a desamortización coa exclaustración dos bieitos, marcha a Madrid onde comeza a traballar no Ministerio de Gobernación. Posteriormente trasládase a traballar ao goberno civil de Salamanca, onde permanece ata 1839.

Nese ano emigra a Cuba e establécese como mestre na Habana. Alí comeza de cheo a escribir. Primeiro redacta a novela por entregas Ana Mir no xornal Noticioso y Lucero, que publica entre 1840 e 1841. No xornal tamén comeza a escribir artigos de opinión, co pseudónimo de Lira, e conseguindo máis cotas de poder no medio. Tanto é así que cando o xornal se refunda co nome de Diario de la Marina, en 1844, Araújo faise copropietario e primeiro director.

Araújo participou en lobbies de empresarios cubanos na España peninsular, onde realizou varias viaxes. Nunha delas, en 1854 participou na fundación en Madrid do Diario Español. Regresado á illa, exerceu de xornalista e de voceiro dos intereses dos comerciantes españois na illa. Faleceu como consecuencia das feridas recibidas nun duelo.

O seu neto foi o tamén xornalista Isidoro Bugallal e o político e presidente de España Gabino Bugallal.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Ana Mir, novela por entregas.
  • Memoria sobre el estado político y administrativo de Cuba, ensaio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]