Isabel Soto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIsabel Soto

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xullo de 1969 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalFiloloxía Hispánica
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutora Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoEnsaio e tradución
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm3057601 AELG: 378 Dialnet: 283038 Editar o valor em Wikidata

María Isabel Soto López, nada en Vigo o 18 de xullo de 1969, é unha crítica literaria e tradutora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Filoloxía Hispánica en 1992 pola Universidade de Santiago de Compostela. Graduouse coa memoria de licenciatura Heraclio Pérez Plácer. Obra e narrativa completa en galego. Edición e análise literaria, publicada anos máis tarde (1998) polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Así mesmo, comezou a súa tese de doutoramento baixo a dirección de Anxo Tarrío sobre a "Formación e análise da crítica literaria galega".

É unha das principais coñecedoras das figuras de Heraclio Pérez Placer[1] e de Agustín Fernández Paz, autor este último sobre o que publicou diversos estudos analíticos, como "Agustín Fernádez Paz: procesos de reescrita"[2], "Encontro con Agustín Fernández Paz"[3], "@afernandezpaz"[4], "Agustín Fernández Paz: un escritor excepcional"[5] ou "A representación da escola e da educación na obra literaria de Agustín Fernández Paz"[6], amais de varias publicacións en formato libro que recompilan a súa obra ensaística, como O rastro que deixamos (Xerais, 2012) e Un mundo de palabras (Xerais, 2017).

Foi secretaria de redacción[7][8] da revista Golfiño nas súas dúas épocas (Con Xerais entre 1999 e 2001; con La Voz de Galicia entre 2002 e 2004). Tamén foi secretaria do Boletín Galego de Literatura (1998-2014), primeiro canda Xabier Campos Villar e máis tarde, dende 2006, xunto a Marta Neira Rodríguez[9]. Tamén secretaria de Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil no período 1995-2005. Foi axudante da comisaria Henrike Fesefeldt na organización do congreso do IBBY en Santiago de Compostela en 2010[10].

No tocante á faceta de crítica de Soto, foi colaboradora da páxina de cultura LG3 (2003-2012), do programa da Televisión de Galicia Libro aberto (2006-2009)[11] e de revistas e xornais como ProTexta, El Correo Gallego, Malasartes, Lazarillo ou CLIJ. De igual maneira, encargouse das panorámicas anuais de literatura infantil e xuvenil para o Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos.

Tradución literaria[editar | editar a fonte]

Traballa como tradutora profesional dende 1996. Nunha primeira etapa, principalmente co libro de texto; a partir da década de 2000, sobre todo vertendo literatura estranxeira cara ao galego e ao castelán[12] dende as linguas francesa, portuguesa ou italiana[13].

No ámbito galego, publicou con Edebé-Rodeira, Kalandraka, Edicións Xerais de Galicia, Editorial Hugin e Munin, El Patito Editorial, Hércules de Edicións, Edelvives-Tambre. No ámbito estatal, con selos como Destino, Alianza Editorial, Bruño, Vicens Vives, Ediciones SM, Akal, Anaya, Ediciones B, Edelvives e Planeta & Oxford.

Cabe sinalar que realizou un importante número de traballos en tándem co tradutor Xavier Senín, entre eles diversos números de Astérix[14], tanto na versión galega coma na castelá, ou obras de relevo de autores como Raymond Roussel, Daniel Pennac, François Bégaudeau, Villiers de L'Isle-Adam, Juan Farias ou Rosa Navarro Durán.

Obra[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

Os tradutores Isabel Soto e Xavier Senín, xunto co editor Alejandro Tobar, durante a presentación da tradución de Locus Solus en Cambados.

Traducións colectivas[editar | editar a fonte]

  • Astérix e os normandos, de Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, 2020, Xerais. Con Xavier Senín e Alejandro Tobar.
  • O Menhir de Ouro, de Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, 2020, Xerais. Con Xavier Senín e Alejandro Tobar.
  • Astérix nos xogos olímpicos, de René Goscinny e Albert Uderzo, 2021, Xerais. Con Xavier Senín e Alejandro Tobar.
  • Astérix e o grifón, de Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, 2021, Xerais. Con Xavier Senín e Alejandro Tobar.
  • Astérix lexionario, de René Goscinny e Albert Uderzo, 2022, Xerais. Con Xavier Senín e Alejandro Tobar.
  • Astérix. O lirio branco, de Fabcaro e Didier Conrad, 2023, Xerais. Con Xavier Senín e Alejandro Tobar.
  • Ideafix e os irredutibles, vol. 1. En loita contra os romanos, VV.AA., 2024, Xerais. Con Xavier Senín e Alejandro Tobar.

Traducións de literatura galega ao castelán[editar | editar a fonte]

  • Querido enemigo (orix. Querido inimigo), de Agustín Fernández Paz, 2006, Edebé.
  • Corredores de sombra (orix. Corredores de sombra), de Agustín Fernández Paz, 2006, SM.
  • Un fantasma en el colegio (orix. Unha pantasma no colexio), de Manuel Lourenzo González, 2006, Edebé.
  • Lo único que queda es el amor (orix. O único que queda é o amor), de Agustín Fernández Paz, 2007, Anaya.
  • El Rayo Veloz (orix. O Raio Veloz), de Agustín Fernández Paz, 2007, Planeta & Oxford.
  • La pastelería de doña Remedios (orix. A pastelaría de dona Remedios), de Agustín Fernández Paz, 2008, Edebé.
  • La noche de los animales (orix. A noite dos animais), de Agustín Fernández Paz, 2009, Algar.
  • Luna de Senegal (orix. Lúa do Senegal), de Agustín Fernández Paz, 2009, Anaya.
  • Muros (orix. Valados), de Agustín Fernández Paz, 2010, SM.
  • Corazón de piedra (orix. Corazón de pedra), de Agustín Fernández Paz, 2011, Oxford.
  • Fantasmas de luz (orix. Fantasmas de luz), de Agustín Fernández Paz, 2011, Anaya.
  • Sari, soñador de mares (orix. Sari, soñador de mares), de Marcos Calveiro, 2012, Edelvives.
  • Las fronteras del miedo (orix. As fronteiras do medo), de Agustín Fernández Paz, 2012, Edebé.
  • Extraño (orix. Raro), de Marcos Calveiro, 2013, Edelvives.
  • Soy un perro (orix. Son un can), de Xabier López López, 2013, Edebé.
  • El niño perro (orix. O neno can), de Fina Casalderrey e Francisco Castro, 2013, Pearson.
  • Las flores radiactivas (orix. As flores radiactivas), de Agustín Fernández Paz, 2013, Anaya.
  • Desde una estrella distante (orix. Desde unha estrela distante), de Agustín Fernández Paz, 2013, Edebé.
  • Matarte lentamente (orix. Matarte lentamente), de Diego Ameixeiras, 2015, Akal.
  • Amistades secretas (orix. Amizades secretas), de Agustín Fernández Paz, 2015, Edebé.
  • La casa del miedo (orix. A casa do medo), de Agustín Fernández Paz, 2016, Edebé.
  • La nieve interminable (orix. A neve interminable), de Agustín Fernández Paz, 2016, Edebé.
  • La casa del nazi (orix. Izan o da saca), de Xabier Quiroga, 2017, Ediciones B.
  • Conduce rápido (orix. Conduce rápido), de Diego Ameixeiras, 2017, Akal.
  • El secreto de Isla Negra (orix. O segredo da Illa Negra), 2017, Anaya.
  • Pablo y las palomas (orix. Pablo e as pombas), de Marcos Calveiro, 2019, Edelvives.
  • La noche del Caimán (orix. A noite enriba), de Diego Ameixeiras, 2020, Fondo de Cultura Económica.
  • El viaje de Gagarin (orix. A viaxe de Gagarin), de Agustín Fernández Paz, 2021, Kalandraka.

Edicións[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Na imaxe (2016), de esquerda a dereita, as filólogas Isabel Mociño, Carmen Ferreira Boo, Mar Fernández Vázquez, Blanca-Ana Roig Rechou (coordinadora), Eulalia Agrelo Costas, Isabel Soto e Marta Neira, redactoras da obra Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega, publicada en 2015 por Xerais.
  • A nosa literatura infantil e xuvenil 2000, 2002, Gálix/Xunta de Galicia.
  • Multiculturalismo e identidades permeábeis na literatura infantil e xuvenil, 2006, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Pedro Lucas.
  • Teatro infantil. Do texto á representación, 2007, Xerais. Con Pedro Lucas e Blanca-Ana Roig.
  • A Guerra Civil española na narrativa infantil e xuvenil, 2008, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Pedro Lucas.
  • A poesía infantil no século XXI (2000-2008). 2009, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Marta Neira Rodríguez.
  • Reescrituras do conto popular (2000-2009), 2010, Xerais. Con Marta Neira Rodríguez e Blanca-Ana Roig.
  • O Álbum na Literatura Infantil e Xuvenil (2000-2010), 2011, Xerais. Con Marta Neira Rodríguez e Blanca-Ana Roig.
  • A narrativa xuvenil a debate (2000-2011), 2012, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Marta Neira.
  • Premios Literarios e de ilustración na LIX, 2013, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Marta Neira.
  • Inmigración/Emigración na LIX, 2014, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Marta Neira.
  • Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega, 2015, Xerais.
  • Reflexos das dúas guerras mundiais na LIX, 2016, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Marta Neira.
  • As mulleres como axentes literarios na LIX do século XXI (2018), Xerais. Coord. con Blanca-Ana Roig e Marta Neira Rodríguez.
  • Imaxes nenez-vellez na LIX (2019), Xerais. Coord. con Blanca-Ana Roig e Marta Neira Rodríguez.
  • Camiño e peregrinacións na LIX (Compostela no horizonte) (2018), Xerais. Coord. con Blanca-Ana Roig e Marta Neira Rodríguez.
  • A morte e as súas representacións na LIX ibérica e hispanoamericana (2021), Xerais. Coord. con Blanca-Ana Roig e Marta Neira Rodríguez.

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha de Obra Narrativa en galego de Heraclio Pérez Placer Arquivado 15 de outubro de 2017 en Wayback Machine., no CRPIH.
  2. Agustín Fernández Paz: procesos de reescrita.
  3. Capítulo publicado como parte do libro A mémoria nos livros: história e histórias (Porto, Deriva editores, 2009, pp. 113-121) (en portugués).
  4. Publicado en Agustín Fernández Paz. Na casa da esperanza (Fundación Otero Pedrayo, 2014).
  5. Publicado na revista Lazarillo, nº 36, 2016, pp. 90-97 (en castelán).
  6. Publicado en Sarmiento. Anuario galego da historia da educación, nº 20.
  7. Golfiño e os invasores, o agardado regreso dun clásico da BD galega Arquivado 15 de outubro de 2017 en Wayback Machine., artigo de Fran P. Lorenzo para El Correo Gallego o 16 de xuño de 2011.
  8. Ficha da revista en Tebeosfera (en castelán).
  9. CV de Marta Neira Arquivado 15 de outubro de 2017 en Wayback Machine., p. 14.
  10. Actas do Congreso IBBY Arquivado 27 de novembro de 2013 en Wayback Machine., p. 5
  11. Ficha do persoeiro en IMDb (en inglés).
  12. Ficha da autora en Dialnet (en castelán).
  13. Obras de Soto López, Isabel na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (en castelán).
  14. Astérix volverá falar galego da man de Xerais, nova en Praza Pública o 23 de agosto de 2013.
  15. Ficha catalográfica da obra, Proxecto Meiga.
  16. Isto non é un conto Arquivado 21 de outubro de 2017 en Wayback Machine. en formato PDF.
  17. Ficha na AELG.
  18. Ficha Arquivado 31 de maio de 2020 en Wayback Machine. na web da editorial.
  19. “Plot Point” el cómic de comedia e intriga donde una guionista crea el atraco perfecto, Elespanol.com, 22 de marzo de 2021 (en castelán).
  20. Ficha da obra na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
  21. Ficha Arquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine. na web da editorial.
  22. Ficha da obra Arquivado 23 de outubro de 2017 en Wayback Machine. na páxina da editorial.
  23. Informe de Literatura 2008 no CIRP, páxina 1535. Extracto da recensión de Paula Fdez. “Desde A Odisea”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 231, “Infantil/Xuvenil”, 10 xaneiro 2008, p. VII.
  24. A viguesa Isabel Soto foi a gañadora da XVIª edición do Premio Plácido Castro de Tradución pola obra Fosca de Iginio Ugo Tarchetti. Arquivado 10 de abril de 2019 en Wayback Machine., nova en XornaldeGalicia o 29 de xuño de 2017.