Irkutsk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaIrkutsk
Иркутск (ru) Editar o valor em Wikidata
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Mapa
 52°17′N 104°18′L / 52.28, 104.3Coordenadas: 52°17′N 104°18′L / 52.28, 104.3
EstadoRusia
Óblastsoblast de Irkutsk
Urban okrug in Russia (en) TraducirIrkutsk Urban Okrug (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación623.736 (2017) Editar o valor em Wikidata (2.251,75 hab./km²)
Xeografía
Superficie277 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Angara, Irkut (en) Traducir, Ushakovka (en) Traducir e Irkutsk Reservoir (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude440 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
FundadorJakov Pokhabov (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creación1661 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoDmitry Berdnikov (en) Traducir (2015–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal664000–664999 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico3952 Editar o valor em Wikidata
Identificador OKTMO25701000001 Editar o valor em Wikidata
Identificador OKATO25401000000 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webadmirk.ru Editar o valor em Wikidata
Catedral da Nosa Señora de Kazán, de Irkutsk.

Irkutsk, en ruso Иркутск, é unha cidade de Rusia, capital do óblast homónimo.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Vista aérea de Irkutsk e os seus arredores, o río Angara e o seu encoro.
A central hidroeléctrica de Irkutsk.

Está situada nas dúas ribeiras do río Angara, o principal afluente do Ienisei. Ao sur, encóntrase o lago Baikal (onde nace o río Angara).

A unha altitude de 440 msnm, o municipio ocupa unha superficie de 301 km². É unha das cidades máis poboadas de Siberia, contando con 623 736 habitantes no ano 2017, o que facía unha densidade de poboación de 2 251,75 hab./km² nese ano.

Irkutsk é un importante centro económico, político e militar, sede dunha diocese da Igrexa ortodoxa rusa. Está conectada con Moscova por unha liña ferroviaria de 5185 km.

A cidade de Irkutsk encóntrase ao sueste dos outeiros da chaira de Irkutsk-Cheremkhovo, cerca da rexión montañosa do lago Baikal e dentro da mesta taiga típica do leste de Siberia. A parte principal da cidade háchase na chaira de inundación do río Angara,[1], a 72 km da súa saída do lago Baikal. O río, de 580 m de ancho, está represado polo encoro da central hidroeléctrica de Irkutsk.

A cidade encóntrase no sur de Siberia, a 5 042 km ao leste de Moscova,[2] a 2 887 km de Vladivostok, a 520 km ao norte de Ulán Bátor e a 1 650 km ao noroeste de Pequín. O río Irkut, do que a cidade debe o seu nome, é un pequeno río que se une ao Angara xusto enfronte da cidade. A parte principal de Irkutsk está separada por varios monumentos —como o mosteiro, a fortaleza e o porto— así como dos seus suburbios, por outros afluentes do Angara, como o Ida ou o Ushakovka. Así mesmo, dúas partes importantes de Irkutsk son habitualmente coñecidas como "a beira esquerda" e "a beira dereita", con respecto ao curso do río Angara.

Segundo os plans rexionais de Irkutsk, a cidade absorberá no futuro as cidades industriais de Shelekhov e Angarsk para formar unha área metropolitana de máis dun millón de habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

A característica arquitectura de madeira dos edificios do século XVII foron deseñados para soportaren os severos invirnos que sofre a rexión.
Avenida Sedova (Улица Седóва).
A estación de Irkutsk-Passazhírskiy.

Fundada en 1661, recibiu a categoría de cidade en 1686. No seu escudo de armas, que se remonta ao século XVII, contén dous elementos típicos da cultura transbaikalia, no que figura un tigre do Amur, que leva unha marta cibelina na súa boca.

En 1652, Iván Pojábov construíu unha parada para o comercio de peles cos buriatos. Os cosacos instaláronse alí e Irkutsk foi oficialmente considerada como cidade en 1686. A partir desta data desenvólvese grazas á exportación do oro, o marfil de mamut e as peles da marta cibelina cara á China. No século XIX, as fortunas medran rapidamente grazas ás minas de ouro, que atraen aos pioneiros. No Extremo Oriente ruso, que aínda non estaba conectado co resto do país polo ferrocarril transiberiano, a criminalidade e a violencia eran o calvario diario dos seus habitantes. A presenza de tabernas e cabarés neste lugar atraían aos menores de idade e aos vendedores.

Durante todo o século XIX moitos artistas, oficiais militares e aristócratas rusos foron enviados a Siberia debido á súa participación no Levantamento decembrista contra o tsar Nicolao I. Debido a esta circunstancia, Irkutsk converteuse no centro principal da vida intelectual e social para estes exiliados, e a maior parte da herdanza cultural da cidade provén deles; moitas das súas casas de madeira, adornadas con decoracións talladas a man, sobreviven hoxe, en contraste duro cos bloques de apartamentos estándar soviéticos que os rodean.

Irkutsk, durante moito tempo, tivo a reputación de ser unha cidade notabelmente bela, con rúas amplas, ben pavimentadas e ben alumeadas. Porén, un incendio ocorrido entre o 4 e o 6 de xullo de 1879 reduciu a cinzas unha gran parte da cidade, que contaba entón con cerca de 33 000 habitantes. O palacio do gobernador xeral, as principais oficinas administrativas e municipais e moitos dos outros edificios públicos foron destruídos polo lume, e os arquivos do goberno, a biblioteca e o museo da sección siberiana da Sociedade Xeográfica Rusa quedaron completamente queimados. As tres cuartas partes da cidade foron destruídas, incluíndo aproximadamente 4 000 vivendas.[3] O gobernador obrigou entón aos habitantes a reconstruír as súas casas en pedra.

A cidade recuperouse rapidamente, e a electricidade chegou en 1896, o primeiro teatro foi construído en 1897 e a estación principal de ferrocarril (estación de Irkutsk-Passazhírskiy) inaugurouse en 1898. O primeiro tren chegou a Irkutsk o 16 de agosto dese mesmo ano. En 1900, a cidade conseguiu o alcume de o París de Siberia.

Durante a guerra civil que seguiu á Revolución rusa de 1917 a rexión foi o escenario de operacións sanguentas entre os Brancos e os Vermellos. En 1920, Aleksandr Kolchak, o antes temido comandante do maior continxente de forzas anti-bolxeviques, foi executado en Irkutsk, que destruíu a resistencia anti-bolxevique.

Irkutsk foi o centro administrativo do efemero óblast de Siberia Oriental, que existiu entre 1936 e 1937. A cidade converteuse posteriormente no centro administrativo do óblast de Irkutsk, despois de que o óblast de Siberia Oriental se dividira nos óblast de Chitá e de Irkutsk.

Durante os anos comunistas, a industrialización de Irkutsk e de toda a Siberia desenvolveuse con rapidez. Un gran polígono foi construído en Angar entre 1950 e 1959 para facilitar o desenvolvemento industrial.

A catedral da Epifanía, o palacio do gobernador, unha facultade de medicina, un museo, un hospital militar e moitas fábricas están entre as institucións públicas e os edificios desta época. O monumento a Aleksandr Kolchak, deseñado por Vyacheslav Klykov, deuse a coñecer en 2004. O 27 de xullo de 2004, a sinagoga de Irkutsk (construída en 1881) foi destruída por un incendio. En decembro de 2016 74 persoas de Irkutsk morreron nun envelenamento masivo por metanol.

Economía[editar | editar a fonte]

En 2007, o sector servizos empregaba ao redor do 80 % da poboación activa.[4] En 2011 os empregados totais eran 232 000. O salario medio nese ano era de 24 800 rublos, mentres que o salario mínimo era de 6 131 rublos. A participación no comercio representa o 45 % da economía da cidade,[5] e os sectores líderes na industria son a maquinaria e a elaboración de produtos alimenticios. O prezo medio de mercado de 1 m² de vivenda en outubro de 2011 no mercado secundario era de 48 034 rublos.[6]

Galería[editar | editar a fonte]

Cidades irmanadas[editar | editar a fonte]

Irkutsk está irmanada coas seguientes cidades:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Морфологические и физико-химические особенности почв города Иркутска" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de febreiro de 2018. Consultado o 20 de marzo de 2019. 
  2. Госстат по Иркутской области,
  3. Kennan, George (1891). Siberia and the Exile System. London: James R. Osgood, McIlvaine & Co. pp. 1–2. 
  4. "Трудовые ресурсы и занятость в Иркутской области и агломерации.". archipelag.ru. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2011. Consultado o 20 de novembro de 2019. 
  5. "В Иркутске растет рынок труда". irkutsk.ru. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2012. Consultado o 20 de marzo de 2019. 
  6. "Жизнь в новостройке". irk.aif.ru. Arquivado dende o orixinal o 3 de febreiro de 2012. Consultado o 20 de marzo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Brumfield, William (2006): Irkutsk: Architectural Heritage in Photographs. Moscova: Tri Kvadrata Publishing. ISBN 978-5-9460-7061-4.
  • Polunina N. M.; Korobov S. A.; Sutton, J. M. & Korobova, G. W. (2008): Her Majesty - Queen of Siberia. Irkutsk: Publishers Korobov. ISBN 978-5-9460-7061-4.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]