Internacional Sindical Vermella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Internacional Sindical Vermella (ISR), tamén coñecida polo seu acrónimo en ruso Profintern (Профинтерн, contracción de Красный интернационал профсоюзов), foi unha federación sindical internacional que funcionou entre 1921 e 1937. Os seus propósitos eran coordinar e organizar o labor sindical do movemento comunista internacional expresado a través do Comintern. Ademais de contrarrestar a influencia da socialdemócrata Federación Sindical Internacional.

A iniciativa da súa creación xurdiu dunha Comisión nomeada para tal efecto polo III Congreso da Internacional Comunista. Creando o primeiro Congreso Constituínte o 3 de xullo de 1921 en Moscova. O seu Secretariado conformárono o español Andreu Nin e os rusos Mikhail Tomsky e Alexei Losovsky.

Inicialmente buscouse a hexemonía das organizacións sindicais fronte aos socialdemócratas ou no seu defecto crear organizacións paralelas en alianza brevemente cós movementos anarcosindicalistas. Estes últimos posteriormente desvinculáronse da Profintern. Con iso transformouse no aparato sindical do Comintern. O seu funcionamento tamén se estendeu fóra de Europa, sobre todo a América e Asia, formándose por exemplo a Confederación Sindical Latinoamericana.

Disolta en 1937 por decisión do Comintern como parte da súa política de frontes populares e unha forma de eliminar un obstáculo á acción conxunta cós sindicatos de simpatía socialdemócrata.

Realizáronse os seguintes Congresos

  • I Congreso xullo de 1921, Moscova
  • II Congreso novembro de 1922, Moscova
  • III Congreso xullo de 1923, Moscova
  • IV Congreso marzo de 1928, Moscova
  • V Congreso 1930, Moscova

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Tosstorff, Reiner. 2004. Profintern: Die Rote Gewerkschaftsinternationale 1920–1937. Paderborn: Schoeningh. ISBN 3-506-71793-6

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]