Intelectual

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un intelectual é aquela persoa que dedica unha parte importante da súa actividade vital ao estudo e á reflexión crítica sobre a realidade.

O termo intelectual está dotado socialmente dun valor de prestixio. Enténdese que esa actividade dedicada ao pensamento ten unha dimensión e unha repercusión públicas moi valiosas.