Imposta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Impostas decoradas na igrexa visigótica de San Pedro de la Nave (Zamora).

Imposta o saínte prismático ou ringleira de perpiaños a modo de capitel rudimentario que se sobresae dun muro e sobre o que apea un arco ou unha bóveda.[1] Na arquitectura clásica, a imposta é á xamba como o capitel á columna.

Tamén se denomina imposta a faixa saínte no paramento exterior dun edificio que indica a división dos pisos. Pode recibir os nomes de imposta corrida, corón ou cincho.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. Consultado o 28 de outubro de 2022