Illa Coats

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa Coats
Akpatordjuark
Localización da illa
Mapa da illa
Situación
País Canadá
ProvinciaNunavut
ArquipélagoIllas Árticas do Canadá
MarBaía de Hudson
Coordenadas62°35′N 82°45′O / 62.583, -82.750
Xeografía
Superficie5.498 km²
Longura máxima130 km.
Largura máxima65 km.
Punto máis alto185 m.
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Illa Coats (Coats Island e en inuktitut: Akpatordjuark , é unha illa canadense que se atopa no extremo norte da Baía de Hudson na Rexión Kivalliq no territorio de Nunavut.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Ten unha superficie de 5.498 km². Como non existen asentamentos permanentes, é a maior illa deshabitada do hemisferio norte ao sur do Círculo Polar Ártico.

A Illa Coats ten uns 130 km de longo e alcanza unha altitude máxima de 185 m sobre o nivel do mar. Este punto culminante prodúcese ao longo dun contraforte rochoso perimetral, situado ao norte, entre Cabo Pembroke e Cabo Prefontaine. As rocas neste ámbito son metamórficas do Precámbrico. Menos do 5% da illa ten máis de 100 m de altura sobre o nivel do mar. A metade sur da illa, de baixa altitude, está formada principalmente por rocas sedimentarias do Paleozoico, como a calcaria e arenisca.

Historia[editar | editar a fonte]

A illa crese foi o último asentamento dos Sadlermiut, un pobo representante da cultura Dorset, que como os seus veciños da illa Southampton, extinguíronse contraendo a malaria que lles contaxiaron os occidentais.

A illa recibiu o seu nome en honra de William Coats, un mariño capitán da Hudson's Bay Company, que visitou a zona periodicamente entre 1727 e 1751. A zona foi confirmada como unha illa polos baleeiros americanos, que comezaron a visitar a zona na década de 1860. A Compañía da Baía de Hudson mantívose na illa desde agosto de 1920 ata agosto de 1924, e algunhas familias inuit, traídas desde a illa de Baffin en barco, viviron na illa durante ese período. Pechada a dependencia comercial, a illa volveu permanecer deshabitada.

Natureza[editar | editar a fonte]

Desde 1920, a Illa Coats foi designada como reserva de renos. Despois de que os caribús extinguísense na próxima Illa Southampton, o rabaño de Coats utilizouse para restablecer o rabaño de Southampton. Tamén é coñecida a illa pola súa poboación de Uria lomvia. Dúas colonias de 30.000 aves aniñan ao longo dos cantís rochosos do extremo norte. Tamén hai importantes concentracións de morsa, da morsa haulouts, na base dos cantís ou en illotes do extremo norte da illa (un en Cabo Pembroke e outro en Cabo Prefontaine). Estes son visitados regularmente polos inuit da aldea de Coral Harbour, de Illa Southampton, para a súa caza.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]