Illa Alexandre I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alexandre I
Vista aérea
Localización da illa
Situación
PaísAntártida Antártida
MarMar de Bellingshausen, no océano Antártico
Coordenadas70°40′S 70°30′O / -70.667, -70.500
Xeografía
Superficie49.070 km²
Longura máxima390 km.
Largura máxima80 km.
Punto máis alto2.987 m. Mount Stephenson
Demografía
CapitalFossil Bluff
Poboación684
A illa Alexandre I en relación coa península Antártica.

A Illa Alexandre I é a maior illa da Antártida, situada ao sueste do Mar de Bellingshausen e ao suroeste da Península Antártica, da cal está separada pola canle -maioritariamente cuberta por xeo permanente- Xurxo VI. Ten unha área de 49.070 km². Con 435 km de lonxitude por 200 km de ancho é a máis extensa das Antillas do Sur.

A zona é extremadamente abrupta, ao longo da canle Xurxo VI esténdese a Cordilleira Douglas, que alcanza os 2.987 m. A illa ten 390 km de longo en dirección norte sur 80 km. de largo no norte e 240 km de largo no sur. A illa de Alexandre I é a segunda illa deshabitada máis grande no mundo, logo da illa Devon.

O extremo norte da illa é o Cabo Arauco, en latitude 68º46' e lonxitude 70º32'30".

A maior parte do litoral atópase bloqueado por barreiras de xeo. Cara ao oeste está a Baía Wilkens. No suroeste da illa sobresae a Península Beethoven.

Foi descuberta pola expedición rusa ao mando de Fabian Gottlieb von Bellingshausen o 28 de xaneiro de 1821, pero creu que ara parte do continente ata 1940, polo cal foi chamada "Terra de Alexandre I".

A Arxentina reclama a maior parte da illa (excepto por parte da Península Beethoven) e inclúea dentro do Departamento Antártida Arxentina que forma parte da provincia de Terra do Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur, para Chile forma parte do Territorio Chileno Antártico e para o Reino Unido do Territorio Antártico Británico, pero estas reclamacións están suspendidas en virtude do Tratado Antártico.

Historia[editar | editar a fonte]

Estación de verano de Fossil Bluff
Estación de verano de Fossil Bluff

A illa de Alexandre I foi descuberta o 28 de xaneiro de 1821 por unha expedición rusa baixo o mando de Fabian Gottlieb von Bellingshausen, que a nomeou Alexander I Land polo o reinado do Tsar Alexandre I de Rusia. O que en realidade é unha illa, críase que era parte do continente da Antártida ata 1940. O seu carácter insular foi probado en decembro de 1940, por un grupo de dúas persoas formado por Finn Ronne e Carl Eklund do United States Antarctic Service.[1] Na década de 1950, construíuse unha base británica administrada como parte do Territorio Antártico Británico chamada Fossil Bluff (Base KG).[2]

A illa foi reclamada polo Reino Unido en 1908 como parte do Territorio antártico británico. Tamén fixeron reivindicacións territoriais tanto Chile (en 1940) como a Arxentina (en 1942).[3] Actualmente, baixo o Tratado Antártico non se recoñeceu oficialmente ningunha reclamación. A illa alberga o centro meteorolóxico e base de reabastecemento de combustible británica de Fossil Bluff.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Siple, Paul (1963). "Obituary: Carl R. Eklund, 1909–1962" (PDF). Arctic (Arctic Institute of North America) 16 (2): 147–148. doi:10.14430/arctic3531. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de xuño de 2020. Consultado o 2013-01-19. 
  2. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de xullo de 2013. Consultado o 26 de xuño de 2017. 
  3. "Alexander Island". Encyclopædia Britannica. 20 de xullo de 1998. Consultado o 20 de xaneiro de 2015. 
  4. Mills, William (2003). Exploring Polar Frontiers: A Historical Encyclopedia (1 ed.). p. 9. ISBN 1-57607-422-6. Consultado o 20 January 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]