Igrexa de Santa María de Adina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Santa María de Adina
Igrexa de Adina
PaísEspaña
LocalizaciónAdina (Sanxenxo)
Coordenadas42°24′30″N 8°50′00″O / 42.40833333, -8.83333333Coordenadas: 42°24′30″N 8°50′00″O / 42.40833333, -8.83333333
DioceseArquidiocese de Santiago de Compostela
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Santa María de Adina é o templo parroquial de Adina, no concello de Sanxenxo.

Historia e arquitectura[editar | editar a fonte]

Primitivamente consagrada á deusa pagá Minerva, Atinna ou Ataecina, foi posteriormente cristianizada, pasando a chamarse Santa María a Digna, até o topónimo actual de Adina.

Do templo románico sobre o que está construído o templo consérvanse os muros e os beirís da nave.

Na fachada destacan a imaxe da Virxe co Neno situada entre sobre a porta, esta en arco de medio punto. Á dereita da fachada está o campanario, rematado por uns pináculos.

Posúe unha capela de bóveda de crucería do século XVI, na que se cre que estaba o baldaquino situado na actualidade no frontal do altar. Este baldaquino, que representa a Anunciación, conserva dous arcos conopiais e unha imaxe tallada da Virxe co Neno no colo, situada entre eles; esta imaxe está picada e xa non se recoñece.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]