Igrexa de San Nicolao de Portomarín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de San Nicolao de Portomarín
Datos xerais
PaísEspaña
TipoIgrexa
LocalizaciónPortomarín
Coordenadas42°48′28″N 7°36′56″O / 42.8077, -7.6155Coordenadas: 42°48′28″N 7°36′56″O / 42.8077, -7.6155
Culto
CultoCatólico
DioceseDiocese de Lugo
Arquitectura
Construciónséculos XII-XIII
EstiloRománico
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de de San Nicolao de Portomarín, denominada antigamente igrexa de San Xoán de Malta, é unha igrexa-fortaleza construída entre os séculos XII e XIII situada en Portomarín[1].

Descrición[editar | editar a fonte]

É un templo dunha única, mais esvelta nave de cinco tramos, destes, o máis próximo á cabeceira está cuberto con bóveda de crucería e o resto está cuberto con bóveda de canón apuntada. Os diversos tramos quedan separados entre si por arcos faxóns que descansan en columnas embebidas. A ábsida, semicircular, cóbrese cun cuarto de esfera, mentres que o tramo recto que a precede leva bóveda de canón.

A igrexa recibe a iluminación a través de dous rosetóns, un na fachada occidental e outro sobre o arco que da acceso a ábsida, ademais de fiestras abertas en cada un dos tramos e na ábsida.

No exterior, a igrexa destaca polo seu aspecto de fortaleza, xustificado pola situación estratéxica que ocupa ó longo do río Miño, destinada a ser castelo da Orde de San Xoán de Xerusalén, á vez que igrexa. De tal xeito, presenta unha torre de cada unha das esquinas da nave, conectados entre si polo adarve ó longo de todo o perímetro rematado en ameas, ó igual que as torres.

O edificio probablemente comezouse a finais do século XII ou nos inicios do século XIII e terminouse no primeiro cuarto do século XIII[2].

Portais[editar | editar a fonte]

O carácter sólido e severo das liñas arquitectónicas contrastan coa rica decoración dos seus tres portais: o principal na fachada occidental, os outros dous abertos cara o norte e ó sur no cuarto tramo da nave[2].

A Portada posúe un tímpano no que se contemplan os 24 anciáns da Apocalipse arredor do Cristo Pantocrátor. Na porta que da ó norte podemos ver no tímpano a Anunciación e ademais pódense ver figuras de sereas, seres con corpo de ave e cabeza humana. Na porta sur aparecen tres figuras humanas, o bispo San Nicolao e dous homes que suxeitan o báculo e o libro[1].

Traslado[editar | editar a fonte]

O templo, xunto coa portada románica da igrexa de San Pedro, trasladouse ao crearse no cumio do monte do Cristo o novo poboado de Portomarín en 1962 por mor da construción do encoro de Belesar.[1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]