Hábitat (homónimos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O termo hábitat pode ter varias acepcións:

  • O Hábitat, en ecoloxía, é o conxunto local de condicións xeofísicas nas que se desenvolve a vida de calquera especie de ser vivo.
    • O concepto de Hábitat humano é o que se emprega na ecoloxía humana e sobre todo en urbanismo, unha extensión por analoxía do concepto ecolóxico de hábitat. Refírese ao conxunto de factores materiais e institucionais que condicionan a existencia dunha poboación humana localizada. En arquitectura o termo emprégase tamén para referirse ás condicións que a organización e o acondicionamento do espazo interior dun edificio, residencial ou de traballo, ofrecen aos seus habitantes.
    • Habitat espacial é un ambiente autocontido que permite a vida con algún grao de permanencia no espazo fóra da Terra (exemplo: nunha estación espacial).
  • Habitat, unha cadea de tendas de mobles fundada na década dos 60 por Terence Conran.