Hymyilevä mies

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hymyilevä mies
Ficha técnica
Título orixinalHymyilevä mies
DirectorJuho Kuosmanen
ProdutorJussi Rantamäki
GuiónJuho Kuosmanen
Mikko Myllylahti
IntérpretesJarkko Lahti
Oona Airola
Eero Milonoff
FotografíaJani-Petteri Passi
MontaxeJussi Rautaniemi
DistribuidoraB-Plan Distribution
EstreaFestival de Cannes: 19 de maio de 2016
Finlandia 2 de setembro de 2016
Duración92 minutos
OrixeFinlandia Finlandia
Suecia Suecia
Alemaña Alemaña
XéneroDrama
Recadación360 863 dólares[1]
Na rede
http://hymyilevamies.fi/
IMDB: tt4771932 Filmaffinity: 244747 Allocine: 246689 Rottentomatoes: m/the_happiest_day_in_the_life_of_olli_maki Mojo: thehappiestdayinthelifeofollimaki Allmovie: v658933 Metacritic: movie/the-happiest-day-in-the-life-of-olli-maki
Facebook: hymyilevamies Editar o valor em Wikidata

Hymyilevä mies é un filme finlandés de 2016 dirixido por Juho Kuosmanen. É unha coprodución entre Finlandia, Suecia e Alemaña. Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2016,[2][3] onde gañou o premio Un Certain Regard.[4] Foi escollido como candidato de Finlandia para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 89ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[5]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Ano 1962: Olli Mäki é un boxeador afeccionado da cidade de Kokkola convertido en profesional que, mentres asiste a unha voda, se namora da súa amiga Raija. Viaxan a Helsinqui onde o seu representante Elis Ask está a preparar o gran salto de Olli: unha loita polo título de campión de peso pluma da Asociación Mundial de Boxeo contra o recoñecido boxeador estadounidense Davey Moore no Estadio Olímpico de Helsinqui. A pelexa será un dos eventos máis importantes da historia do deporte finlandés, aínda que a maioría da xente, incluído Olli, son escépticos: os rexistros de Moore superan con moito aos de Olli.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Os auténticos Olli e Raija Mäki aparecen brevemente ao final do filme, cando Raija mira cara a eles e pregunta a Olli: "coidas que seremos coma eles cando sexamos vellos?".[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The Happiest Day in the Life of Olli Mäki". Box Office Mojo. Consultado o 5 de setembro de 2016. 
  2. IndieWire (ed.). "2016 Cannes Film Festival Announces Lineup". Consultado o 14 de abril de 2016. 
  3. Variety (ed.). "Cannes 2016: Film Festival Unveils Official Selection Lineup". Consultado o 14 de abril de 2016. 
  4. Rebecca Ford and Rhonda Richford (21 de maio de 2016). The Hollywood Reporter, ed. "Cannes: 'The Happiest Day in the Life of Olli Maki' Wins Un Certain Regard Prize". Consultado o 21 de maio de 2016. 
  5. Holdsworth, Nick (5 de setembro de 2016). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Finland Selects 'The Happiest Day in the Life of Olli Maki' for Foreign-Language Category". Consultado o 5 de setembro de 2016. 
  6. Finnish Boxing Movie ‘Olli Maki’ Serves Up Surprising Quirk With its Punches

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]