Hoax

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Procuras segundo Google Search para os termos aptiquant, browser iq e internet explorer iq entre o 28 de xullo e o 4 de agosto de 2011, coincidindo coa difusión dunha loiada sobre un estudo realizado por AptiQuant que relacionaba o cociente intelectual co navegador que se utilizaba

Coñécense como hoax[1] ou loiada[2] as historias falsas aparecidas na rede, xa veñan por correo electrónico, da lectura de sitios web ou de redes sociais. Consisten por exemplo en chamamentos dramáticos de cuño sentimental ou relixioso, supostas campañas filantrópicas, humanitarias ou de socorro persoal ou mesmo falsos virus que ameazan destruír, contaminar ou formatar o disco ríxido do computador.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. PDF con actividades Arquivado 07 de maio de 2021 en Wayback Machine. da AGAPEMA no que se define hoax como "historias falsas distribuídas por internet".
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para loiada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]