Historia das campañas militares romanas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Máxima extensión do Imperio Romano en 116, despois das campañas de Traxano. O mapa amosa o nome das provincias romanas.

A historia das campañas militares romanas abrangue dende a súa defensa inicial e posterior conquista dos seus veciños tribais e dos pobos etruscos de Italia até dominar gran parte do Mediterráneo e máis aló, incluíndo as provincias de Britania e Asia Menor no apoxeo do Imperio até a loita final do Imperio Romano de Occidente pola súa propia existencia contra os invasores hunos, vándalos e xermánicos, despois da división do imperio nos imperios de Oriente e de Occidente. Malia que o baixo imperio se estendía polas terras da periferia do mar Mediterráneo, na historia militar de Roma as batallas navais foron, polo xeral, menos salientables que as batallas terrestres polo seu dominio case incuestionable do mar despois das loitas navais da primeira guerra púnica. A historia da Roma antiga, orixinalmente unha cidade-estado de Italia e finalmente un imperio que cubriría gran parte de Eurasia e o norte de África, vai dende o século IX a.C. até o século V.

Como ocorreu coa meirande parte das civilizacións antigas, o exército romano serviu para o triplo propósito de asegurar as súas fronteiras, explotar as zonas periféricas mediante medidas como impoñer tributos sobre os pobos conquistados e manter a orde interna.[1] Dende o comezo, o exército romano tipificou esta pauta e a maioría das campañas de Roma caracterizáronse por algún destes tipos: o primeiro é a campaña territorial expansionista, que normalmente comezaba en forma de contraofensiva,[2] na que cada vitoria comportaba a subxugación de grandes extensións de territorio e que va permitiu a Roma pasar de ser un pequeno pobo ó terceiro imperio meirande do mundo antigo, incluíndo case a cuarta parte da poboación mundial daquela;[3] o segundo son as guerras civís, que golpearon Roma acotío dende a súa mesma fundación até a súa desaparición final.

Os exércitos romanos non eran invencibles, malia a súa formidable sona e o gran nome das súas vitorias:[4] durante séculos, os romanos «produciron a súa propia ración de incompetentes»[5] que conduciron ós exércitos romanos a derrotas catastróficas. Porén, o destino dos grandes inimigos de Roma, como Pirro e Aníbal,[6] adoitaba ser o de gañar a batalla pero perder a guerra. A historia das campañas romanas é a historia dunha persistencia testana que supera terribles derrotas.[7][8]

A historia do Imperio Romano é moi excepcional no senso que a súa actividade, militar ou non, está documentada en gran detalle case dende a mesma fundación da cidade até a súa desaparición final. Aínda que algunhas historias se perderon, como o relato de Traxano nas guerras dacias e doutros, como as primeiras historias de Roma, son como mínimo en parte apócrifas, e os relatos existentes da historia militar de Roma son extensos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Trigger, Understanding Early Civilisations, páx. 240
  2. Luttwak, The Grand Strategy of the Roman Empire, páx. 38
  3. Goldsmith, An Estimate of the Size and Structure of the National Product of the Early Roman Empire, páx. 263
  4. Johnson, The Dream of Rome, páx. 8
  5. Goldsworthy, In the Name of Rome, páx. 15
  6. Lane Fox, The Classical World, pàg. 312
  7. Goldsworthy, Adrian In the Name of Rome, páx. 31
  8. Goldsworthy, The Punic Wars, páx. 96