Historia da fí­sica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
"Se logrei ver máis lonxe, foi porque subín a ombreiros de xigantes" – Isaac Newton[1]

Desde a antigüidade as diferentes culturas trataron de comprender a natureza e os fenómenos que nela se observan: o paso das estacións, o movemento dos corpos e dos astros etc. As primeiras explicacións baseáronse en consideracións filosóficas e sen realizar apenas verificacións experimentais. Por isto, algunhas interpretacións erradas, como a feita por Tolomeo - "A Terra está no centro do Universo e ao redor dela viran os astros" - perduraron centos de anos.

No século XVI Galileo foi pioneiro no uso de experimentos para validar as teorí­as da fí­sica. Interesouse no movemento dos astros e dos corpos. Usando o plano inclinado descubriu a lei da inercia da dinámica e co telescopio observou que Xúpiter tiña satélites virando ao seu ao redor.

No século XVII Newton (1687) formulou as leis clásicas da dinámica (Leis de Newton) e a Lei da gravitación universal de Newton.

A partir do século XVIII prodúcese o desenvolvemento doutras disciplinas tales como a termodinámica, a mecánica estatí­stica e a fí­sica de fluídos.

No século XIX prodúcense avances fundamentais en electricidade e magnetismo. En 1855 Maxwell unificou ambos os fenómenos e as respectivas teorí­as vixentes ata entón na Teorí­a electromagnética, descrita a través das Ecuacións de Maxwell. Unha das predicións desta teorí­a é que a luz é unha onda electromagnética. A finais deste século prodúcense os primeiros descubrimentos sobre radioactividade dando comezo o campo da fí­sica nuclear. En 1897 Thomson descubriu o electrón.

Durante o século XX a Fí­sica desenvólvese plenamente. En 1904 propúxose o primeiro modelo do átomo. En 1905 Einstein formulou a Teorí­a da Relatividade especial, aque coincide coas Leis de Newton cando os fenómenos se desenvolven a velocidades pequenas comparadas coa velocidade da luz. En 1915 Einstein estendeu a Teorí­a da Relatividade especial formulando a Teorí­a da Relatividad xeral, a cal substitúe á Lei da gravitacionn de Newton e compréndea nos casos de masas pequenas. Planck, Einstein, Bohr e outros desenvolveron a Teorí­a cuántica a fin de explicar resultados experimentais anómalos sobre a radiación dos corpos. En 1911 Rutherford deduciu a existencia dun núcleo atómico cargado positivamente a partir de experiencias de dispersión de partí­culas. En 1925 Heisenberg e en 1926 Schrödinger e Dirac formularon a Mecánica cuántica, que comprende as teorí­as cuánticas precedentes e fornece as ferramentas teóricas para a Fí­sica da materia condensada. Posteriormente formulouse a Teorí­a cuántica de campos para estender a Mecánica cuántica de xeito consistente coa Teorí­a da Relatividade especial, acadando a súa forma moderna a finais dos 1940s grazas ao traballo de Feynman, Schwinger, Tomonaga e Dyson, quen formularon a Teorí­a da Electrodinámica cuántica. Así mesmo, esta teorí­a forneceuu as bases para o desenvolvemento da Fí­sica de partí­culas. En 1954 Yang e Mills desenvolveron as bases do Modelo estándar. Este modelo completouse nos anos 1970 e con el foi posible predicir as propiedades de partí­culas non observadas previamente pero que foron descubertas sucesivamente sendo a última delas o quark top. Na actualidade o modelo estándar describe todas as partí­culas elementais observadas así­ como a natureza da súa interacción.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "If I have seen further, it is only by standing on the shoulders of giants." Carta a Robert Hooke.