Hispasat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hispasat
Acercando culturas

Arganda de Rey, Madrid
TipoSociedade Anónima
Fundación1989
LocalizaciónRúa Gobelas 41, 28023 Arganda de Rey MADRID España España
IndustriaTelecomunicacións
Na rede
http://www.hispasat.com/
Twitter: Hispasat Instagram: hispasat_satelites LinkedIn: hispasat Youtube: UCU0SkkAUjLvQLZ7IHQh8pKg Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

HISPASAT é un operador de servizos por satélite español con sede en Madrid que ofrece servizos de telecomunicacións en América (norte, centro e sur), Europa e Norte de África nas posicións 30° Oeste e 61° Oeste.

HISPASAT permite distribuír máis de mil canles de televisión e radio (analóxica e dixital) a máis de trinta millóns de fogares, así como servizos de banda larga en contornas fixas e móbiles.

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro satélite posto en órbita foi o Hispasat 1A en setembro de 1992 a bordo dun vehículo lanzador Ariane 4, dende o Centro Espacial de Kourou na Güiana Francesa e situouse en órbita xeoestacionaria na posición 30º Oeste a 36.000 km de altura, onde se sitúan dende entón tódolos satélites da serie Hispasat (1A, 1B, 1C, 1D e o novo 1E), centrados principalmente no mercado español e europeo.

A serie dos satélites Amazonas (61º Oeste) inaugurouse en 2004 co lanzamento do primeiro Amazonas, céntrase no mercado americano (principalmente latinoamericano). Amazonas 2, é o satélite de comunicacións de maior potencia con cobertura panamericana, lanzouse o 1 de outubro de 2009 e permitiu a HISPASAT duplicar a súa capacidade no continente. A seguinte ampliación será o Amazonas 3 en 2013.

Accionistas[editar | editar a fonte]

HISPASAT está considerada pola administración unha empresa estratéxica para o Goberno Español e o Ministerio de Defensa, parte dos seus servizos son empregados con fins militares.

Accionista Capital Accionista Capital
Abertis 48% - -
Goberno de España 25,6% INTA 16,42%
SEPI 7,41%
CDTI 1,86%
Eutelsat 23% - -

Constelación de satélites[editar | editar a fonte]

Posición
Orbital
Satélite Transpoñedor Ano de
lanzamento
30 Oeste Hispasat 1C 24 Ku 2000
30 Oeste Hispasat 1D 28 Ku 2002
30 Oeste Hispasat 1E 53 Ku, Ka 2010
61 Oeste Amazonas 1 32 Ku, 19 C 2004
61 Oeste Amazonas 2 54 Ku, 10 C 2009
61 Oeste Amazonas 3 33 Ku, 19 C, Ka Previsto 2013
- Hispasat AG1 20 Ku, Ka (1) Previsto 2013
30 Oeste Hispasat 1F TBD Previsto 2014
Coa empresa HISDESAT
Posición
Orbital
Satélite Transpoñedor Ano de
lanzamento
29 Este Xtur-Eur 12 X 2005
30 Oeste Spainsat 13X, Ka 2006

TDT Universal por satélite: HISPASAT é o coordenador do proxecto Profit de I+D+i TDT Universal vía satélite, co obxectivo principal de avaliar e investigar distintas alternativas tecnolóxicas para ofrecer cobertura de TDT ao 100% da poboación en España, cunha plataforma vía satélite.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]