Hiram Bingham II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hiram Bingham II
Nacemento16 de agosto de 1831
Lugar de nacementoHonolulu
Falecemento25 de outubro de 1908
Lugar de falecementoBaltimore
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterYale College, Andover Newton Theological School, Yale Divinity School e Williston Northampton School
Ocupacióntradutor e tradutor da Biblia
PaiHiram Bingham I
NaiSybil Moseley Bingham
CónxuxeClara Brewster
FillosHiram Bingham
Na rede
WikiTree: Bingham-1282
editar datos en Wikidata ]

Hiram Bingham II, nado en Honolulu o 16 de agosto de 1831 e finado en Baltimore o 25 de outubro de 1908, foi un misioneiro protestante en Hawai e nas illas Gilbert.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bingham era o sexto fillo do misioneiro Hiram Bingham I (1789–1869) e Sybil Moseley Bingham (1792–1848). Con dez anos, en 1840, seus pais enviárono aos Estados Unidos coas súas irmás Elizabeth Kaahumanu (1829–1899) e Lydia Bingham (1834–1915) para ir á escola. Estudou en Williston Seminary en Easthampton, Massachusetts e graduouse na Universidade Yale en 1853.

Bingham ordenouse ministro congregacionalista en New Haven, Connecticut o 9 de novembro de 1856. Tras casar a parella realizou a viaxe a Hawai e chegaron a Honolulu o 24 de abril de 1857 predicando o cristianismo enre os hawaianos e mais en varias comunidades das illas do océano Pacífico.

En 1865 volveu brevemente aos Estados Unidos e tras regresar foi ás illas Marquesas, pasou por Micronesia para se instalar en Honolulu en 1868. Bingham foi o primeiro en traducir a Biblia ao kiribiatiano, coa axuda de Moses Kaure[1], e nesa lingua escribiu varios libros de himnos, esexese e dicionarios, creando a lingua literaria kiribatiana[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. John Garrett (1993) Footsteps in the Sea: Christianity in Oceania to World War II Institute of Pacific Studies, p. 266
  2. Charles W. Forman (1992) Island Churches: Challenge and Change Institute of Pacific Studies, p. 75