Himilcón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHimilcón
Biografía
Nacementoséculo VI a. C. Editar o valor em Wikidata
Morteséculo V a. C. Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónexplorador Editar o valor em Wikidata

Himilcón (en púnico Chimilkât, en grego antigo Ἱμίλκων ) viviu polo 450 a. C.) e foi un navegante e explorador cartaxinés. Realizou unha viaxe polas costas occidentais de Europa, chegando posiblemente até Inglaterra, para dirixir cara a Gades (actual Cádiz) o comercio de chumbo, cuxo monopolio tendía a afianzarse en Marsella.[1] Esta viaxe converteuno no primeiro viaxeiro coñecido proveniente do mar Mediterráneo que alcanzou as costas noroccidentais de Europa. A súa historia é coñecida por un relato do propio Himilcón no que conta a súa viaxe, citado en obras posteriores de autores romanos como Rufo Festo Avieno, quen cita a viaxe de Himilcón tres veces na súa Ora maritima (114-29, 375-89 e 402-415).[2] A referencia máis antiga á viaxe de Himilcón é unha breve mención realizada por Plinio o Vello na súa Historia Natural (2.169a).[3] A través destes informes púidose reconstruír a ruta que seguiu o cartaxinés, a pesar dos elementos fantásticos que incluíu.

Non se sabe practicamente nada do propio Himilcón. Navegou cara ao norte ao longo da costa atlántica das actuais Portugal, España e Francia. Alcanzou o territorio dos oestrumnides, unha tribo que habitaba na Bretaña, probablemente para comerciar estaño co que facer bronce e outros metais preciosos. Segundo Avieno, Himilcón non foi o primeiro en navegar polo Atlántico norte, senón que seguiu as rutas comerciais usadas polos tartesios do sur da Península Ibérica. Cerca de Tartessos, os cartaxineses gobernaban o porto comercial de Gadir (en fenicio 𐤂‏𐤃‏𐤓‏ «fortificación») polo que é lóxico que Himilcón explorase as costas próximas.

Himilcón describiu as súas viaxes como travesías aterradoras, informando repetidamente da presenza de monstros mariños e algas que impedían a viaxe, probablemente para desalentar os navegantes gregos que trataban de competir nas súas rotas comerciais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Biografías y Vidas. "Himilcón". Consultado o 8 de abril de 2007. 
  2. Rufo Festo Avieno, Ora maritima
  3. Plinio o Vello, Historia Natural II.169a