Heroe da Unión Soviética

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Heroe da Unión Soviética

Estrela do Heroe da Unión Soviética
Outorgada pola Unión Soviética Unión Soviética
Tipo Título honorario
Elixibilidade Militares soviéticos e cidadáns estranxeiros
Outorgada por «Fazañas heroicas ao servizo do estado e sociedade soviéticos»
Estado Non se entrega actualmente
Estadísticas
Establecida 16 de abril de 1934
Primeira outorgada 20 de abril de 1934
Última outorgada 24 de decembro de 1991
Outorgadas totais 12776
Precedencia
Seguinte maior Ningunha
Igual Orde de Lenin
Seguinte menor Heroe da Federación Rusa

Heroe da Unión Soviética (ruso: Герой Советский Союз, Guerói Sovétsky Soyuz) era o máis alto título honorario e o grao de distinción superior da Unión Soviética. Incluía a Orde de Lenin e, como sinal de excelencia, a medalla da Estrela Dourada co certificado da fazaña (grámota), concedido polo Presidium do Soviet Supremo da Unión Soviética. O galardón foi establecido o 16 de abril de 1934.

Historia[editar | editar a fonte]

Máis de 12 500 persoas recibiron esta distinción.[1] A gran maioría durante a Gran Guerra Patria (11 635 Heroes da URSS, 101 en dúas ocasións, 4 en tres ocasiones e 2 en catro ocasiones). Un heroe famoso foi Aleksandr Matrosov que recibiu de maneira póstuma por morrer ao bloquear unha metralladora inimiga co seu propio corpo. Tamén recibiu a condecoración a título póstumo o español Rubén Ruiz Ibárruri, único fillo home de Dolores Ibárruri A Pasionaria, caído durante a batalla polo control da estación central na Batalla de Stalingrado.

Os primeiros en recibir a distinción foron os pilotos: Liapidevsky, Levanevsky, Vasili Molokov, Mavrikiy Slepniov, Nikolai Kamanin, Iván Doronin e Vodopiánov, que participaron na procura e rescate da tripulación do vapor Cheliuskin, que se afundiu en augas do Ártico o 13 de febreiro de 1934.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]