Henk Wolf

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHenk Wolf

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1973 Editar o valor em Wikidata (50/51 anos)
Utrecht, Países Baixos Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino dos Países Baixos Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista Editar o valor em Wikidata

Hendrikus Abraham Ytsen (Henk) Wolf, nado en Utrecht o 25 de febreiro de 1973, é un lingüista, tradutor e escritor frisón.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É profesor de lingüística e frisón na Universidade NHL[1]. As súas publicacións lingüísticas tratan principalmente das relacións entre sintaxe e sociolingüística, a orde dos constituíntes en frisón, cambio lingüístico. Tamén publica columnas de divulgación lingüística en  Frysk Deiblêd, PompeblêdenDoar e presentou en Omrop Fryslân os programas Praat mar Frysk e Skriuw mar Frysk [2]. Wolf escribe tamén sobre e en frisón setentrional, participou no método de aprendizaxe Snååk Frasch realizado pola Fryske Akademy e Afûk e que inclúe un libro mais un vocabulario frisón occidental/frisón setentrional. En 2006 publicou unha colleita de relatos humorísticos, Wûnderaardichheden e unha novela, tamén de ton humorístico, Youmir, Soan fan in Túnslang.

5 de abril de 2015 sufriu un accidente de tránsito no seu jeep mentres conducía entre Aldegea e Garyp cando unha galiñola negra pasou voando e feriuno co peteiro no  e no ollo dereito. Tras unha operación os médicos dixéronlle que ía quedar cego do seu ollo dereito, pero ao cabo dun mes comezou a ver zonas de luz. A súa experiencia neste accidente e na súa rehabilitación contouna no libro en neerlandés Een meerkoet in mijn oog[3].

Obra[editar | editar a fonte]

  • 2005 – De Fizioenen fan Mary (tradución da novela de Dean Koontz, The Vision)
  • 2006 – Youmir, Soan fan in Túnslang
  • 2006 – Wûnderaardichheden
  • 2016 - Een meerkoet in mijn oog
  • 2018 - Basisboek syntaxis

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Segundo o sistema educativo neerlandés a NHL está rexistrada como unha universidade de ciencias aplicadas NHL Stenden Arquivado 03 de xuño de 2019 en Wayback Machine.
  2. "Wolf, Henk" Sirkwy.nl
  3. "Henk Wolf syn boek oer bizar ûngelok is no al útferkocht". Omrop Fryslân, 17 de novembro de 2016