Harvard University Press

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Harvard University Press
Logo
Tipoeditora universitária e editora de livros
Data de fundación1913
Fundador(es)Universidade Harvard
Organización matrizUniversidade Harvard
SedeCambridge
PaísEstados Unidos de América
Na rede
http://www.hup.harvard.edu/
Facebook: HarvardPress Twitter: harvard_press Instagram: harvardpress Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Harvard University Press (HUP) é unha editorial fundada o 13 de xaneiro de 1913, como unha división da Universidade Harvard, e especializada en publicacións académicas. En 2005 publicou 220 títulos novos. É membro da Association of American University Presses. A editorial ten as súas sedes en Cambridge, Massachusetts, preto de Harvard Square, e en Londres, Inglaterra. Entre os seus autores de maior relevancia atópanse Eudora Welty, Walter Benjamin, E. O. Wilson, John Rawls, Emily Dickinson, Stephen Jay Gould, Helen Vendler, e Carol Gilligan.

Marcas editoriais e series relacionadas[editar | editar a fonte]

HUP é propietaria da marca Belknap Press, que se inaugurou en maio de 1954 coa publicación da Harvard Guide to American History (en galego: Guía Harvard da Historia Americana).[1] A serie John Harvard Library publícase baixo o selo Belknap.

Harvard University Press distribúe a colección Loeb Classical Library e é editora de I Tatti Renaissance Library e de Dumbarton Oaks Medieval Library.

Outras editoriais de nome similar son Harvard Business Press, que é parte de Harvard Business Publishing, e a independente Harvard Common Press.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]