Harmattan
O harmattan é un vento alisio de África Occidental frío, seco e poeirento. Sopra ó sur do Sáhara cara ó golfo de Guinea entre o finais de novembro e metade de marzo (inverno).[1] O nome está relacionado co termo haramata da lingua twi.[2]
No seu tránsito sobre o deserto toma finas partículas de po (entre 0,5 e 10 micrómetros). Cando sopra intensamente, o Harmattan pode empuxar o po e a area até Norteamérica.
Efectos[editar | editar a fonte]
Nalgúns países de África Occidental, a pesada cantidade de po no aire pode limitar severamente a visibilidade e bloquear o sol durante varios días, comparable a unha intensa néboa.[3] O efecto causado polo po e a area levantados por estes ventos coñécese como neblina de Harmattan. A interacción do Harmattan cos ventos monzónicos pode causar tornados.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Harmattan". Encyclopædia Britannica. Consultado o 22 de xullo de 2015.
- ↑ "Harmattan". Merriam-Webster. 2012.
- ↑ "Tuareg unrest". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2007. Consultado o 21 de febreiro de 2019.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Ikekeonwu, Clara (2007). The phonetics of Nigerian languages. Múnic: Lincom Europa. p. 62.