Hannah Montana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hannah Montana
XéneroSitcom
Creado porMichael Poryes
Rich Correll
Barry O'Brien
IntérpretesMiley Cyrus
Emily Osment
Mitchel Musso
Jason Earles
Moisés Arias
Billy Ray Cyrus
Tema de apertura"The Best of Both Worlds" por Miley Cyrus
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)Inglés
Temporadas4
Episodios98
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Steven Peterman
Michael Poryes
Duración23–24 minutos
Emisión orixinal
Canle de orixeDisney Channel
Formato de sonStereo
Primeiro episodio24 de marzo de 2006
Derradeiro episodio16 de xaneiro de 2011
Na rede
http://disneychannel.disney.com/hannah-montana
IMDB: tt0493093 Allocine: 769 Rottentomatoes: tv/hannah_montana Metacritic: tv/hannah-montana TV.com: shows/hannah-montana Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Hannah Montana é unha serie de televisión estadounidense creada por Michael Poryes, Richard Correll e Barry O'Brien que se emitiu en Disney Channel durante catro tempadas entre o 24 de marzo de 2006 e o 16 de xaneiro de 2011. Coproducida por It's a Laugh Productions e filmada en Hollywood, xunto con That's So Raven foi un dos programas máis exitosos da cadea e a súa banda sonora foi un dos discos máis vendidos en 2006.

O 10 de abril de 2009 estreouse un filme baseado na serie, Hannah Montana: The Movie.

Sinopse[editar | editar a fonte]

A serie trata de Miley Stewart, interpretada por Miley Cyrus, unha estudante adolescente de catorce anos que vai vivir a Malibú co seu irmán máis vello, Jackson (Jason Earles) e seu pai Robby (Billy Ray Cyrus), compositor de música. Miley leva unha vida paralela pola noite como Hannah Montana, famosa cantante pop que oculta a súa identidade real ó público, a non ser ós seus amigos íntimos, Lilly e Oliver, e á familia. Con todo, malia as vantaxes da fama, o que quere en realidade Miley é vivir unha vida como a de calquera rapaza da súa idade.[1]

Episodios[editar | editar a fonte]

Tempada Episodios Emisión orixinal
Inicio Final
  1 26 24 de marzo de 2006 30 de marzo de 2007
  2 30 23 de abril de 2007 12 de outubro de 2008
  3 30 2 de novembro de 2008 14 de marzo de 2010
  4 13 11 de xullo de 2010 16 de xaneiro de 2011

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]