Guillermo Muñoz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hallulla
Información persoal
Nome Guillermo Muñoz Muñoz
Nacemento 25 de xaneiro de 1953 (71 anos)
Lugar de nacemento Chile
Falecemento 11 de abril de 2016
Lugar de falecemento Valparaíso
Altura 1,76 m.
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1971–1973 Santiago Wanderers 64 (17)
1977–1978 Fabril 18 (5)
1979 Santiago Wanderers
1980 Universidad Católica
1980–1982 Unión San Felipe
Selección nacional
1973–? Chile
Adestrador
1979 Bergantiños
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Guillermo Muñoz Muñoz, alcumado Hallulla, nado en San Felipe de Aconcagua (Valparaíso) o 25 de xaneiro de 1953 e finado o 11 de abril de 2016, foi un futbolista chileno. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección chilena.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na tempada 1973–74 fichou polo Deportivo da Coruña, en Segunda División. Debutou na oitava xornada, nun empate en Riazor fronte o Hércules CF (1–1) e logrou o seu primeiro tanto como branquiazul dúas xornadas despois, nunha vitoria fronte o Linares CF (3–0), anotando Muñoz o segundo tanto. Ese ano o club branquiazul descendeu a Terceira División, por única vez na súa historia.

Na tempada 1974/75 marcou 15 goles, sendo o terceiro máximo goleador do Grupo I de Terceira, só por detrás de San Cayetano do Ensidesa, e do seu compañeiro de equipo Alfonso Castro.[1] En agosto de 1975, durante un adestramento, sufriu unha grave lesión de xeonllo que truncou a súa carreira. Permaneceu no club coruñés até a tempada 1978–79, de novo en Segunda División, mais sen xogar ningún partido nas campañas 1975/76 e 1976/77. Conseguiu volver aos campos e xogou unha tempada e media co Fabril, ata finais de 1978.

En 1979 adestrou brevemente ao Bergantiños,[2] antes de regresar a Chile, onde militou en Santiago Wanderers, Universidad Católica e Unión San Felipe, retirándose neste último.

Faleceu en Valparaíso o 11 de abril de 2016.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Máximos goleadores". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de maio de 1975. p. 25. 
  2. "Muñoz, nuevo entrenador del Bergantiños". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de marzo de 1979. p. 36. 
  3. "Fallece en Chile el exdeportivista 'Hallulla' Muñoz". Deportivo da Coruña. 12 de abril de 2016.  (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]